Infrastructure tools to support an effective radiation oncology learning health system
Nome orixinal | (la) Pius PP. VIII |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Francesco Saverio Castiglioni 20 de novembro de 1761 Cingoli (Estados Pontificios) |
Morte | 30 de novembro de 1830 (69 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro Tomb of Pius VIII (en) |
253º Papa | |
31 de marzo de 1829 – 30 de novembro de 1830 ← León XII – Gregorio XVI → | |
Cardeal | |
8 de marzo de 1816 – 31 de marzo de 1829 | |
Bispo diocesano | |
8 de marzo de 1816 – ← Carlo Bellisomi (pt) – Anton Maria Cadolini (pt) → | |
Bispo diocesano | |
11 de agosto de 1800 – ← Francesco Antonio Marcucci (pt) – Pietro Paolo Mazzichi (en) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Roma La Sapienza |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | bispo católico (1800–), Sacerdote católico de rito romano (1785–) |
Membro de | |
Consagración | José Maria Dória Pamphili (pt) |
Participou en | |
1829 | Conclave de 1829 (pt) |
2 de setembro de 1823 | Conclave de 1823 (pt) |
Outro | |
Título | Conde |
Cónxuxe | sen valor |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Católica, (sec:Pope Pius VIII) Enciclopedia de Otto Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Pio VIII (Cingoli, Italia, 20 de novembro de 1761 - Roma, 30 de novembro de 1830), papa da Igrexa católica entre 1829 e 1830.
O seu nome era Francisco Saverio Castiglioni e nacera no seo dunha familia nobre. Instruído en Dereito Canónico e Teoloxía, vicario xeral en Anagni e Fano. Consagrado bispo de Montalto (1800) por Pío VII, instou a este, trala súa ruptura con Napoleón, a permanecer firme na defensa dos dereitos da Santa Sé. Tal actitude lle valería, por parte do Emperador, o desterro e a persecución. Máis tarde foi nomeado cardeal, bispo de Cesena (1816), de Frascati (1821) e Gran Penitenciario da Curia Pontificia. En Roma, secundou as iniciativas do cardeal Consalvi, ó que manifestou sempre unha grande admiración.
O seu ascenso ó Pontificado tivo lugar no conclave que seguiu ó falecemento de León XII. Elixido o 31 de marzo de 1829, nos seus actos iniciais proseguiu en diversos aspectos a obra do seu predecesor: ataques contra as correntes liberais e racionalistas, represión do carbonarismo, fomento e impulso da obra misional, prudencia ante os movementos de emancipación civil e política dos católicos en Gran Bretaña, Bélxica e Polonia. A súa defensa da orde constituída e da Europa da Santa Alianza non impediu, porén, o seu asine repulsa ante os intentos de Frederico Guillerme III de Prusia de somete-los matrimonios mixtos, celebrados nas súas estados católicos, a unha lexislación protestante, que prescribía o que os fillos lexítimos de tales matrimonios habían de ser educados na relixión paterna. Polo breve Litteris altero abhinc armo, do 25 de marzo de 1830, manifestou que na celebración dos matrimonios mixtos nos que a educación católica dos futuros fillos non estivese previamente establecida, os prelados só permitirían a asistencia pasiva do sacerdote. No seu Traditi humiliati condenou o indiferentismo relixioso, o xansenismo e as sociedades segredas. A Revolución de xullo de 1830, en Francia contra Carlos X provocou nunha vaga de violento anticlericalismo. Pio VIII recoñeceu a Monarquía liberal de Lois Filipe de Orleáns e ordenou ó episcopado francés a submisión á nova orde política. Aprobou as resolucións do Concilio de Baltimore. O Pontífice tratou tamén de mellora-la administración temporal dos dominios da Santa Sé e de mellora-las condicións de vida das clases máis humildes.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |