Infrastructure tools to support an effective radiation oncology learning health system

Modelo:BiografíaMartin Behaim

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1459 Editar o valor en Wikidata
Núremberg (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xullo de 1507 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Lisboa (Reino de Portugal) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador, cosmógrafo, astrónomo, cartógrafo, draper (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Allgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Martin Behaim nun gravado da obra Narrative and critical history of America, Volume 2 de Justin Winsor.

Martin Behaim, nado en Núremberg o 6 de outubro de 1459 e finado o 29 de xullo de 1507, foi un navegador e xeógrafo de Bohemia ó servizo do rei de Portugal.

Traxectoria

Behaim era o primoxénito de Martin Behaim e da súa dona Agnes Schopper, unha familia de comerciantes ricos de orixe checa[1]. Desde moi cedo sentiu vocación polo comercio e en 1477 partiu para Flandres, fixando a súa residencia en Mechelen co obxectivo de se introducir no comercio internacional. Ó ano seguinte mudou a súa residencia para Anveres, onde se relacionou coa factoría portuguesa local. Arredor de 1480 partiu para Lisboa onde se integrou na comunidade mercantil interesada na exploración ultramarina, relacionouse con navegantes, cosmógrafos e exploradores, posiblemente entrou no círculo de cosmógrafos do rei Xoán II.[2]. En 1484 embarcou[3] como cosmógrafo na expedición de Diogo Cão á costa occidental de África.

En 1486 estableceu a súa residencia na illa azoriana de Faial, onde existía unha numerosa colonia flamenga liderada por Jobst van Hürter, o fundador da cidade de Horta. Nese ano casou con Joana de Macedo, filla de van Hürter. Martin Behaim permaneceu en Faial ata 1490, ano no que volve para Nuremberg, permancendo alí ata 1493, período durante o cal construíu en colaboración co pintor Georg Albrecht Glockenthon un dos primeiros globos terrestres coñecidos, que chamou "Erdapfel" (mazá do mundo) e que o guindou para a fama. O Globo de Behaim, tamén coñecido como Globo de Nuremberg, seguiu a idea dun globo de 1475 construído para o papa Sisto VI, mais mellorando a representación e incluíndo meridianos e a liña do Ecuador.

Notas

  1. Ivan Sviták, First Bohemians in America
  2. Kirkpatrick Sale, Christopher Columbus and the Conquest of Paradise
  3. Ernest George Ravenstein, M. A. Botha, The Voyages of Diogo Cão and Bartholomeu Dias, 1482-88. O propio Behaim escribiu sobre a súa participación nesta viaxe pero non hai ningunha outra fonte que o confirme