Infrastructure tools to support an effective radiation oncology learning health system

Montenegrino
црногорски / crnogorski
Pronuncia:[tsr̩nǒɡorskiː]
Falado en: Montenegro
Rexións: Balcáns
Total de falantes: 232 600 (2011)[1]
Posición: Fóra das 100 primeiras
Familia: Indoeuropea
 Eslava
  Eslava meridional
   Montenegrino
Escrita: Latino e cirílico
Status oficial
Lingua oficial de: Montenegro Montenegro
Regulado por: Xunta para a Estandarización da Lingua Montenegrina
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: cnr
ISO 639-3: cnr
Mapa
Status

O montenegrino[2] (Црногорски језик/Crnogorski jezik) é unha lingua eslava meridional falada polo pobo montenegrino e pola diáspora. Está baseada no dialecto Shtokavian e é a lingua oficial do país.

Dende o ano 2004 a comunidade académica e literaria montenegrina estivo a propor a idea de instituír a idea da lingua montenegrina á opinión pública, un movemento que ten a súa orixe en 2003 trala caída do comunismo. Despois da independencia de Montenegro a lingua pasou a ser a oficial do país coa Constitución do 22 de outubro de 2007 e foi estandarizada o 10 de xullo de 2009. Ethnologue identifica a lingua como un nome alternativo do serbio.[3]

Notas

  1. Incluíndo 229 251 en Montenegro (36,97%), 2 519 en Serbia e 876 en Croacia.
  2. "montenegrino". TERGAL. Consultado o 29/05/2019. 
  3. Artigo sobre o Serbio en Ethnologue

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas