Infrastructure tools to support an effective radiation oncology learning health system
Contidos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1745 Como (Imperio de Habsburgo) |
Morte | 5 de marzo de 1827 (82 anos) Como (Imperio Austríaco) |
Lugar de sepultura | tomb of Alessandro Volta (en) |
Senador Reino de Italia | |
1809 – 1814 Nomeado por: Napoleón I de Francia | |
Actividade | |
Campo de traballo | Fisioloxía |
Lugar de traballo | Terranova |
Ocupación | físico, académico, inventor, químico |
Empregador | Universidade de Pavia |
Membro de | Accademia delle Scienze di Torino (1794–) National Virgilian Academy (en) Real Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos Accademia Nazionale delle Scienze detta dei XL Academia de Ciencias de Baviera Academia francesa das ciencias Académie des sciences, belles-lettres et arts de Rouen (en) |
Orde relixiosa | Ordes franciscanas |
Outro | |
Título | Conde (1810–) |
Cónxuxe | Teresa Peregrini |
Fillos | Zanino Volta |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Católica, (sec:Alessandro Volta) Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:5 : Вешин — Газли, sec:Вольта Алессандро, p.341) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Alessandro Giuseppe Antonio Anastasio Volta, nado en Como (Lombardía) o 18 de febreiro de 1745 e finado en Camnago o 5 de marzo de 1827, foi un físico italiano, famoso principalmente por desenvolver a batería eléctrica.
Traxectoría
Alessandro Volta naceu e foi educado en Como, Lombardía. Foi fillo dunha nai nobre e dun pai da alta burguesía. Recibiu unha educación básica e media humanista, pero ao chegar ao ensino superior, optou por unha formación científica.
No ano 1774 é nomeado profesor de física da Escola Real de Como. Un ano despois, Volta realiza o seu primeiro invento, un aparello relacionado coa electricidade. Con dous discos metálicos separados por un condutor húmido, pero unidos cun circuíto exterior logra, por primeira vez, producir corrente eléctrica continua, invéntase o electróforo perpetuo, un dispositivo que unha vez que se atopa cargado, pode transferir electricidade a outros obxectos, e que xera electricidade estática. Entre os anos 1776 e 1778, dedícase á química, descubrindo e illando o gas de metano. Un ano máis tarde, en 1779, é nomeado profesor titular da cátedra de física experimental na Universidade de Pavia.
Volta era amigo de Luigi Galvani e, cando este descubriu en 1780 que o contacto entre dous metais diferentes co músculo dunha ra producía electricidade, tamén empezou a facer os seus propios experimentos de electricidade animal, pero chegou a outra conclusión no ano 1794: que non era necesaria a participación dos músculos dos animais para producir corrente. Este achado produciulle unha multiplicidade de conflitos, non só co seu amigo Galvani, senón coa maioría dos físicos da época, que aceptaban a idea de que a electricidade só se producía a través do contacto de dous metais diferentes coa musculatura dos animais. Con todo, cando Volta logrou construír a primeira pila eléctrica, demostrou que se atopaba no certo, gañando a batalla fronte aos seus colegas.
A pila voltaica consiste de trinta discos de metal, separados por panos húmidos.
Alessandro Volta comunica o seu descubrimento da pila á Royal Society londiniense o 20 de marzo de 1800. A correspondente carta foi lida en audiencia do 26 de xuño do mesmo ano, e tras varias reproducións do invento, efectuadas polos membros da sociedade, outorgóuselle a Volta o correspondente crédito.
No ano 1816, no mes de setembro, viaxa a París aceptando unha invitación do propio Napoleón Bonaparte, para que expoña as características do seu invento, no Instituto de Francia. O propio Bonaparte, participou con entusiasmo nas correspondentes sesións, e exposicións, e recomendou para Volta as máximas honras. O 2 de novembro do mesmo ano, a comisión de científicos distinguidos pola Academia das Ciencias do Instituto de Francia para avaliar o invento de Volta emitiu o informe correspondente aseverando a súa validez, e recomendando para Volta a máis alta distinción da institución, a medalla de ouro ao mérito científico.
O 1 de maio de 1806, Volta é elixido da Coroa de Ferro do reino da Lombardía. En 1809 é designado senador da corte e, en 1810, outórgaselle o título nobiliario de conde. Voltio, a unidade de potencial eléctrico, denomínase así en honra a este portento das ciencias. O emperador de Austria, pola súa banda, designouno director da facultade de Filosofía da Universidade de Padua en 1815. Os seus traballos foron publicados en cinco volumes no ano 1816, en Florencia. Os seus últimos anos de vida, pasounos na súa facenda en Camnago, preto de Como, onde faleceu o 5 de marzo de 1827.
A unidade de forza electromotriz do Sistema Internacional leva o nome de volt na súa honra desde o ano 1881.