Infrastructure tools to support an effective radiation oncology learning health system
Contidos
Aparencia
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 18 de xaneiro é o 18º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 347 días para finalizar o ano, 348 nos anos bisestos.
Acontecementos
- 1071 - Batalla de Pedroso, García II derrota a Nuno Mendes, conde de Portucale.
- 1535 - Fundación de Lima, capital do Perú.
- 1778 - James Cook descobre as illas do Hawai.
- 1896 - Primeira demostración da máquina de raios-x.
- 1994 - Ten lugar o evento de Cando.
- 2012 - debido a lei SOPA promulgada polos Estados Unidos apagase en protesta a páxina da Wikipedia en inglés por 24 horas a partir das 05:00 UTC. Mentres durou o apagamento quen tentou acceder ao sitio, atopouse cunha pantalla negra na que se podía ler «Imaxina un mundo sen coñecemento libre».
Nacementos
- 1689 - Charles de Montesquieu, filósofo francés.
- 1835 - Ricardo Puente Brañas, xornalista e escritor galego (m. 1880).
- 1856 - José Castro González, músico galego, máis coñecido como Mestre Chané.
- 1867 - Rubén Darío, poeta nicaraguano.
- 1880 - Paul Ehrenfest, físico e matemático austríaco (m. 1933).
- 1882 - Aureliano Pardo Villar, frade e escritor galego (m. 1957).
- 1882 - Aleksandra Ekster, pintora cubo-futurista, supremacista e construtivista, amais dunha dos fundadores do Art déco. (m.1949)
- 1888 - Antoine Pevsner, escultor ruso (m. 1962).
- 1892 - Oliver Hardy, actor estadounidense (m. 1957).
- 1893 - Jorge Guillén, poeta español (m. 1984).
- 1904 - Cary Grant, actor estadounidense (m. 1986).
- 1911 - José María Arguedas, novelista, articulista e ensaísta político peruano.
- 1915 - Santiago Carrillo, político comunista español (m. 2012).
- 1921 - Yoichiro Nambu, físico estadounidense de orixe xaponesa.
- 1925 - Gilles Deleuze, filósofo francés.
- 1934 - José Manuel Romay Beccaría, político galego.
- 1938 - Anthony Giddens, sociólogo británico.
- 1946 - Henrique Rosa, político de Guinea-Bissau.
- 1952 - Michael Behe, bioquímico estadounidense.
- 1955 - Kevin Costner, actor e director de cinema estadounidense.
- 1955 - Fernando Trueba, director de cine español.
- 1971 - Josep Guardiola, futbolista e adestrador de fútbol catalán.
Mortes
- 1367 - Pedro I, rei de Portugal.
- 1862 - John Tyler, décimo presidente estadounidense (n. 1790).
- 1878 - Antoine César Becquerel, físico francés (n. 1788).
- 1884 - Antonio Romero Ortiz, político español (n. 1822).
- 1890 - Amadeu de Savoia, rei de España (n. 1845).
- 1911 - Ramón Pérez Costales, médico e político galego (n. 1832).
- 1912 - Domingo García Vázquez, pintor galego-brasileiro (n. 1859).
- 1929 - Celestino García Romero, xesuíta e escritor galego (n. 1855).
- 1936 - Rudyard Kipling, novelista británico.
- 1937 - Amanda García, mugardesa militante do PCE, fusilada no Castelo de San Filipe de Ferrol.
- 1961 - Fortunato Cruces, escritor e xornalista galego (n. 1870).
- 1982 - Huang Xianfan, historiador chinés (n. 1899).
- 1986 - Edmundo Rivero, cantante de tangos e guitarrista arxentino (n. 1911).
- 1989 - Sócrates Gómez, xornalista e político galego (n. 1914).
- 1995 - Adolf Butenandt, bioquímico alemán (n. 1903).
- 2007 - Bienvenido Brens, compositor e músico popular dominicano (n. 1925).
Festas e celebracións
Santoral
- Santa Margarida de Hungría.
- San Amancio.
- Santa Prisca.