Informatics Educational Institutions & Programs
Contidos
Aparencia
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 9 de xaneiro é o 9º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 356 días para finalizar o ano, 357 nos anos bisestos.
Acontecementos
- 475 - o emperador bizantino Zenón é forzado a fuxir da súa capital en Constantinopla e o seu xeneral, Basilisco, toma o control do imperio.
- 1693 - Un terremoto atinxe en Sicilia máis de 60 aldeas e poboados, causando a morte de 50 000 persoas.
- 1768 - O inglés Philip Astley presenta en Londres o primeiro circo moderno, con acróbatas, pallasos e animais.
- 1822 - No Brasil, Pedro I (IV de Portugal) declara que ficará no país a pesar da presión contraria das Cortes de Lisboa, dando con isto maior forza ao proceso de independencia do Brasil.
- 1863 - Inaugúrase o metro de Londres, primeiro tren subterráneo do mundo, con sete quilómetros de percorrido.
- 1878 - Humberto I tórnase rei da Italia.
- 1912 - Os Estados Unidos invaden Honduras, buscando preservar os seus intereses na produción de plátanos.
- 1923 - Juan de la Cierva realiza a primeira proba con éxito do autoxiro, primeiro prototipo dun helicóptero.
- 1927 - Rebelión militar en Lisboa.
- 1939 - Italia incorpora a Libia ao seu territorio.
- 1945 - Segunda guerra mundial: as tropas aliadas desembarcan en Luzón, en Filipinas.
- 1950 - Soterramento de Castelao no cemiterio da Chacarita, Buenos Aires.
- 1951 - Inaugúrase en Nova York a sede da Organización das Nacións Unidas.
- 1954 - Preséntase en Nova York a primeira calculadora que utiliza circuítos integrados.
- 1957 - Anthony Eden, primeiro ministro británico, dimite e é substituído por Harold Mac Millan.
- 1960 - Comeza a construción do Encoro de Asuán no Río Nilo, sendo Gamal Abdel Nasser presidente do Exipto.
- 1968 - A sonda espacial norteamericana Surveyor 8 chega á superficie lunar. O primeiro home pisaría a Lúa no ano seguinte.
- 1972 - No Reino Unido 280 000 mineiros van á folga.
- 1986 - Stephen P. Synnott descobre a lúa do planeta Urano, Crésida, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2.
- 1992 - Independencia da Bosnia e Hercegovina.
- 1992 - Un día despois de pechar as comportas do encoro de Lindoso, Portugal, a auga asolagou a aldea de O Vao e Buscalque foi desaloxada, ficando unha boa parte asolagada. Mantense a cota por debaixo da igrexa parroquial de San Salvador Manín, en Aceredo, agardando ser trasladada.
- 1996 - Rebeldes chechenos capturan 2.000 rusos e ameazan matalos caso de que as súas esixencias non sexan aceptadas polo goberno.
- 2005 - Mahmoud Abbas ou Abu Mazen é electo presidente da Autoridade Nacional Palestina para substituír a Yasser Arafat, morto o 11 de novembro en París.
Nacementos
- 1799 - Juan Flórez, alcalde da Coruña (m. 1870).
- 1858 - Elisabeth Knight Britton, botánica e escritora estadounidense (m. 1934).
- 1868 - S. P. L. Sørensen, químico dinamarqués (m.1939)
- 1876 - Robert Michels, sociólogo alemán (m. 1936).
- 1878 - John Broadus Watson, psicólogo estadounidense (m. 1958).
- 1881 - Giovanni Papini, escritor italiano (m. 1956).
- 1890 - Kurt Tucholsky, escritor alemán (m. 1935).
- 1897 - Karl Löwith, filósofo alemán (m. 1973).
- 1902 - José María Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei (m. 1975).
- 1903 - Miguel Chapel Salgueiro, sindicalista e político galego (m. 1978).
- 1908 - Simone de Beauvoir, filósofa, feminista e escritora (m. 1986).
- 1913 - Richard Nixon, presidente dos Estados Unidos (1968-1974) (m. 1994).
- 1922 - Har Gobind Khorana, biólogo molecular estadounidense (m. 2011).
- 1928 - Domenico Modugno, cantautor e compositor italiano (m. 1994).
- 1929 - Heiner Müller, dramaturgo alemán (m. 1995).
- 1935 - Raúl Morodo, embaixador e político galego.
- 1935 - Manuel Couce Pereiro, político galego.
- 1941 - Joan Baez, cantante norteamericana de folk.
- 1944 - Jimmy Page, guitarrista estadounidense e ex-membro da banda Led Zeppelin.
- 1950 - Xosé Ramón Mariño Ferro, antropólogo e escritor galego.
- 1959 - Rigoberta Menchú, defensora dos dereitos humanos, Premio Nobel da Paz de 1992.
- 1961 - Amancio Liñares Giraut, historiador galego.
Mortes
- 1324 - Marco Polo, viaxante veneciano (n. 1254).
- 1799 - Maria Gaetana Agnesi, científica italiana.
- 1848 - Caroline Lucretia Herschel, astrónoma alemá (n. 1750).
- 1873 - Napoleón III de Francia, emperador (n. 1808).
- 1878 - Vítor Emanuel II, rei de Italia, sucedido por Humberto I (n. 1820).
- 1890 - Romualdo Real Vázquez, xornalista e político galego.
- 1923 - Katherine Mansfield, escritora neozelandesa (n. 1888).
- 1940 - Jaime Solá, escritor e xornalista galego (n. 1874).
- 1961 - Celestino Cabarcos, sacerdote e escritor galego (n. 1883).
- 1972 - Fuco Gómez, escritor e político galego (n. 1895).
- 1980 - Amando Losada, avogado e político galego (n. 1908).
- 2000 - Bruno Zevi, arquitecto e crítico de arte italiano (n. 1918).
- 2004 - Norberto Bobbio, filósofo e politicólogo italiano (n. 1909).
- 2010 - Francisco Rey Balbís, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1917).
- 2016 - María Teresa Alvajar López, política e escritora galega (n. 1922).
- 2017 - Zygmunt Bauman, sociólogo e ensaísta polaco (n. 1925).
Festas e celebracións
- Día do Fico, no Brasil (non é festivo, máis pode haber solemnidade oficial), homenaxeando o acto de Dom Pedro I.
Outros
- Santoral: Santa Marciana