Histopathology image classification: Highlighting the gap between manual analysis and AI automation
Contidos
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Un (homónimos).
1 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1 I | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 754 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | N/A | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 2697 – 2698 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 3761 – 3762 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 56 – 57 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | N/A | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 3102 – 3103 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 621 BP – 620 BP | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 640 BH – 639 BH | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 251 | ||||||||||||||||||
|
O ano 1 (I) foi un ano común comezado en sábado ou domingo (as fontes difiren) do calendario xuliano, un ano común comezado en sábado do calendario xuliano proléptico, e o primeiro ano Anno Dómini ou da era común. É o primeiro ano do primeiro milenio e do século I.
Acontecementos
Bohemia - Moravia - Silesia
- O príncipe dos marcomanos, Marbod, funda o primeiro reino independente dos xermanos de Bohemia, Moravia e Silesia. Marbod posúe unha facultade para a estratexia e a táctica, con iso consegue poñer en pé de guerra a máis de 70 000 soldados de infantaría e 4 000 xinetes. O seu reino convértese nunha ameaza para Roma e as súas aspiracións hexemónicas e expansionistas.
Breves
- Co emperador Ping principia a era Yuanshi da dinastía Han na China. Segundo outros historiadores, neste ano morre o emperador Ping Ti e sobe ao poder, Wang Mang, (que fora ministro da guerra de Ping dende 8 a. C.), acusado de haber ordenado o asasinato do primeiro.
- Confucio, recibe, a título póstumo, o seu primeiro título real: Señor de Baochengxun Ni.
- Introdúcese o Budismo na China.
- A seda fai a súa aparición en Roma.
- De acordo co Evanxeo segundo San Mateu tivo lugar o Masacre dos inocentes.
- Gaio César é elixido cónsul romano.
- Ovidio escribe Metamorfoses.
- Augusto nomea a Ariobazano II como rei de Armenia.
- Estímanse os comezos da civilización mochica no norte do Perú.
- Probable estimación na que os hindú-budistas do sueste de Asia comezan a colonizar Sumatra e Xava; citada colonización non rematará ata finais de século.
Nacementos
- Nacemento de Xesús segundo a tradición cristiá, baseada en cálculos realizados por Dionisio, o Exiguo.
- Data aproximada do nacemento de Lucio Anneo Séneca, filósofo hispano-romano (m. 65).
Mortes
Outros
Imperio Romano
- Ao longo de todo o século I fanse máis notables os acuedutos. Para levar auga potable, moitas cidades do Imperio Romano tiñan que traela dende distancias a miúdo considerables. O máis antigo acueduto de Roma fora construído por Apio Claudio Caecus (no ano 312 a.C.). Estas primeiras conducións aproveitaban o simple sistema do desnivel, polo que case sempre os construtores tiñan que afrontar grandes dificultades. Os vales eran salvados con canalizacións tendidas sobre a ponte; desta maneira evitábase que a presión da auga fose forte. Os acuedutos romanos eran obras mestras da arquitectura técnica. Co fin de logra-la altitude e estabilidade desexada, poñíanse varios pisos de arcadas; polo que os arcos, superpostos, apuntalábanse na construción xa que aínda non se dominaba a técnica dos piares de grande altitude.