FAIR and interactive data graphics from a scientific knowledge graph
Contidos
< | Eón Fanerozoico | | ||
---|---|---|
| ||
O Paleóxeno (escrito ás veces paleoxeno),[1] tamén coñecido como terciario temperán, é, na escala de tempo xeolóxico, un período xeolóxico, o que inicia a era Cenozoica. O paleóxeno destacou especialmente pola evolución dos mamíferos a partir de especies pequenas e relativamente pouco importantes como o eran a finais do cretáceo.
División temporal
Era [2] | Período | Época | Millóns de anos |
---|---|---|---|
Cenozoico | Cuaternario | Holoceno | 0,011784 |
Plistoceno | 2,588 | ||
Neóxeno | Plioceno | 5,332 | |
Mioceno | 23,03 | ||
Paleóxeno | Oligoceno | 33,9 ±0,1 | |
Eoceno | 55,8 ±0,2 | ||
Paleoceno | 65,5 ±0,3 |
Comezou hai 65,5 ± 0,3 millóns de anos e acabou hai 23,03 millóns de anos, cunha duración, por tanto, duns 43 millóns de anos..[3][4][5]
Divídese en tres épocas xeolóxicas: paleoceno, eoceno e oligoceno.
Bioloxía
Os organismos que permaneceron nos océanos son os taxons que persisten hoxe en día. Sobre a Terra, as plantas con flor (anxiospermas) do Paleóxeno eran parecidas ás do Cretáceo Superior.
A vida animal cambiou drasticamente; os mamíferos, en xeral pequenos ao inicio do paleóxeno, xa eran moi parecidos aos actuais a finais do período. Importantes no período foron: Mesohippus (cabalos), foraminíferos, monos, anxiospermas e a diversificación dos mamíferos.
Xeoloxía
O período paleóxeno marcou un tempo de transición na historia da Terra. O cambio climático máis profundo foi o arrefriamento que fixo medrar as rexións polares.
No ámbito xeolóxico global destaca a formación do carbón, os Alpes e, en Suramérica, a subdución de tipo Andino. Formáronse cadeas montañosas actuais en América do Norte (Serra Nevada e Montañas Rochosas) e en Europa (Alpes, cadeas Ibéricas, Béticas, Pireneo e Cantábrica). Os sedimentos que rexistran estes e outros sucesos cenozoicos están, na súa maioría, non consolidados, a excepción de carbonatos e algúns silicatos litificados.
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para paleoxeno.
- ↑ As cores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional de Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio da International Commision on Stratigraphy, en Standard Color Codes for the Geological Time Scale.
- ↑ Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
- ↑ International Stratigraphic Chart, 2008
- ↑ "Whatever happened to the Tertiary and Quaternary?"
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Paleóxeno
- Vitrina Era Cenozoica - Período TerciarioArquivado 21 de agosto de 2008 en Wayback Machine.
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |