FAIR and interactive data graphics from a scientific knowledge graph
Contidos
नेपाल (ne) | |||||
Himno | Sayaun Thunga Phool Ka | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Mother and Motherland are Greater than Heaven (en) » | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Katmandú | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 29.164.578 (2021) (198,15 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 6.666.937 (2021) | ||||
Lingua oficial | Lingua nepalesa | ||||
Relixión | Hinduísmo, budismo, Islam, Kirat Mundhum (en) , cristianismo, Prakriti (pt) e bön (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 147.181,254346 km² | ||||
Punto máis alto | Everest (8.848,86 m) | ||||
Punto máis baixo | Kechana Kawal (pt) (70 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 28 de maio de 2008: República | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal (2008–) | ||||
• Lista (pt) | Ram Chandra Poudel (pt) (2023–) | ||||
Órgano executivo | Government of Nepal (en) | ||||
• Primeiro-ministro (pt) | Pushpa Kamal Dahal (pt) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Nepal (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Sarbochha Adalat (pt) | ||||
Membro de | Bay of Bengal Initiative for Multi-Sectoral Technical and Economic Cooperation (en) Organización Mundial da Saúde Operación Híbrida da Unión Africana e as Nacións Unidas en Darfur Grupo para as observacións da Terra UNESCO (1953–) ONU (1955–) Unión Postal Universal (1956–) Unión Internacional de Telecomunicacións (1957–) Banco Internacional para Reconstrução e Desenvolvimento (pt) (1961–) Associação Internacional de Desenvolvimento (pt) (1963–) Banco Asiático de Desenvolvemento (1966–) Corporação Financeira Internacional (pt) (1966–) Organización Meteorolóxica Mundial (1966–) Interpol (1967–) Centro Internacional para a Arbitragem de Disputas sobre Investimentos (pt) (1969–) Organização Mundial das Alfândegas (pt) (1986–) Agência Multilateral de Garantia de Investimentos (pt) (1994–) Organización para a Prohibición de Armas Químicas (1997–) Organización Mundial do Comercio (2004–) | ||||
PIB nominal | 36.924.841.430 $ (2021) | ||||
Moeda | Rupia nepalesa | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .np | ||||
Prefixo telefónico | +977 | ||||
Teléfono de emerxencia | 100, 101 e 102 | ||||
Código de país | NP | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | nepal.gov.np | ||||
O Nepal, cuxo nome oficial é República Federal Democrática do Nepal (en nepalés: सङ्घीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल), é un país do sur de Asia, con fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. A súa capital e Katmandú; a lingua oficial é o nepalés e a moeda é a rupia nepalesa. O país foi unha monarquía ata 2008, sendo Gyanendra o seu derradeiro rei.
Xeografía
Nepal ten, máis ou menos, a forma dun trapecio irregular, formando un pequeno país que de leste a oeste ten unha lonxitude duns 800 km e de norte e sur unha anchura máxima duns 200 km, cubrindo unha área de 147.181 km².
Desde unha perspectiva fisiográfica, Nepal pode ser dividido en tres zonas, que dun xeito groseiro, están orientadas de leste a oeste: a zona montañosa, a zona dos outeiros e a rexión do Terai. Estas tres zonas están irrigadas polos maiores cursos de auga do país. A altitude varía desde os 60 metros no Terai, até os 8.848 metros na cima do Everest. Este gradiente tan enorme entraña unha diversidade de climas e de terras.
Climas
A grandes trazos hai tres variedades climáticas básicas:
- subtropical nas chairas do Terai, que bordean no sur do país á India, e por onde corren os tres ríos principais, Kosi, Narayani e Karnali, que pertencen á marxe norte da grande chaira indo-ganxética. Caracterízase por unha estación chuviosa, entre xuño e setembro, causada polo monzón, e outra estación, seca, que cobre o resto do ano;
- temperado na rexión central, de montañas medianas e outeiros;
- frío e seco na rexión das altas montañas do Himalaia.
Soamente un 20 % da superficie total do país é cultivábel, de xeito que as necesidades acrecentadas unha poboación que medra, tanto en combustíbel como en arroz, o alimento básico, arrastran a unha deforestación preocupante.
Terremoto de 2015
O 25 de abril de 2015 produciuse o devastador terremoto de magnitude 7,8 na escala de Richter. O terremoto rexistrouse ás 06:11 GMT, e o seu epicentro localizouse no distrito de Lamjung, a 81 quilómetros ao noroeste da capital, Katmandú, e a unha profundidade de 15 quilómetros. O número de mortos superou os 8.700 e o total de feridos foi de 20.000, sen incluír o total de desaparecidos, que ascendeu a 273 persoas, entre elas 80 estranxeiros. A maioría dos falecidos concentráronse nos distritos de Sindhupalchowk, ao norte da capital nepalesa, e no distrito administrativo de Katmandú, mentres que outras persoas morreron en Nuwakot.
O Centro Nacional de Operacións de Emerxencia de Nepal indicou que o terremoto destruíu totalmente 10.744 edificios e causou danos parciais en 14.741. As vivendas irrecuperables superan as 191.000, mentres que outras 175.000 sufriron graves danos. O Goberno considerou que se necesitarían uns 2.000 millóns de dólares para a reconstrución. O terremoto causou unha destrución xeneralizada en todo o país e cuantiosos danos materiais. Unha parte importante dos edificios máis emblemáticos e históricos do chamado Val de Katmandú, declarado Patrimonio da Humanidade, quedaron reducidos a cascallos.
Economía
- Artigo principal: Economía do Nepal.
Zonas
Nepal divídese en 14 zonas | |
---|---|
Demografía
Relixión
Segundo o censo do ano 2001, o 80,6 % dos habitantes do Nepal son hinduístas. Os budistas constitúen o 10,7 %, os musulmáns o 4,2 % e outras relixións o 3,5 %, tamén existen minorías de ateos e cristiáns.
Linguas
Segundo o censo do 2001, fálanse 92 linguas no Nepal. As principais (porcentaxes como lingua nai) son: nepalés (49%), maithili (12%), bhojpuri (8%), Tharu (6%), Tamang (5%), Newari/Nepal Bhasa (4%), Magar (3%), awadhi (2%), Bantawa (2%), Limbu (1%), e Bajjika (1%). As restantes 81 son faladas por menos do 1%.
-
Katmandú
-
Pashupatinath
-
Bhaktapur
-
Changu Narayan
-
Patan
-
Himalaya
-
Himalaya
-
Mustang
-
Mustang
-
Kali Gandaki