FAIR and interactive data graphics from a scientific knowledge graph

Editar as ligazóns
Modelo:Xeografía políticaKuala Lumpur
Bandeira
Bandeira
Vista nocturna
(2013)
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Lema«Progress and Prosper»
«Maju dan Makmur» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 3°08′52″N 101°41′43″L / 3.1478, 101.6953
EstadoMalaisia Editar o valor en Wikidata
Enclave enSelangor Editar o valor en Wikidata
Capital de
Malaisia
Estados Federados Malaios (pt) Traducir
Japanese occupation of Malaya (en) Traducir
Federação da Malásia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.982.100 (2020) Editar o valor en Wikidata (8.135,03 hab./km²)
Lingua usadaLíngua cristã (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie243,65 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGombak River (en) Traducir e Río Klang Editar o valor en Wikidata
Altitude66 m-50 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1857 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoKamarulzaman Mat Salleh (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50000–59999 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
UTC+08:00 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico03 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2MY-14 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webdbkl.gov.my Editar o valor en Wikidata
Facebook: dbkl2u Twitter: dbkl2u Instagram: dewanbandarayakualalumpur Youtube: UCwrhkJpuXtXspRWdiH52arw BNE: XX5681583 Editar o valor en Wikidata

Kuala Lumpur é a capital de Malaisia. É unha metrópole de 4 millóns de habitantes (área urbana). O seu nome significa "confluente lamoso" en malaio, pois a cidade está sita na confluencia de dous cursos de auga. O máis importante é o río Klang, que desauga 45 km ao oeste no estreito de Malaca; o outro é o Gombak.

Arrebatada á selva, Kuala Lumpur debe o seu nacemento e a súa fortuna aos fabulosos xacementos de estaño descubertos no século XIX. O lugar, durante moito tempo, non foi outra cousa senón un campamento de cabanas de bambú infestado pola malaria. Mais creceu mercé ao comercio de estaño, até tornarse, en 1896, na capital dos Estados malaios federados. A primeira impresión do viaxeiro que atravesa hoxe Kuala Lumpur, é a dunha cidade verde, tranquila e ordenada que, a pesar dos seus case 2 millóns de habitantes, garda unha proporción humana.

Cifras

As torres Petronas.
  • Superficie do territorio federal de KL : 243,65 km².
  • Poboación (territorio federal) : 1 800 674 (2004).
  • Poboación (área metropolitana val do Klang) : sobre 4 millóns.

Administración

A cidade está administrada por un consello municipal non electo, nomeado polo goberno. Porén depende con todo da solidez da asemblea do momento.

Historia

Elevada ao rango de cidade (bandar en malaio) aínda no 1897, Kuala Lumpur coñeceu desde entón un crecemento desenfreado. Foi afastada do Estado de Selangor no 1971 para convertela nun territorio federal. A nova cidade de Shah Alam substituíuna como capital do Estado.

Xeografía

Situada no oeste de Malaisia, a 45 km do mar, a cidade cobre unha área metropolitana moi extensa, que desborda largamente os límites do distrito federal e engloba unha boa parte do Estado de Selangor. Tal área é chamada o val do Klang. A extensión infinda dos suburbios é compatíbel cunha rede moi densa de autoestradas e de tres liñas de metro lixeiro.

A urbanización adénsase cara ao oeste, até Klang, que serve ao conxunto do país a través do seu porto.

Clima

O clima de Kuala Lumpur é ecuatorial: a temperatura media de cada mes rolda os 26º. Chove ao longo de todo o ano, aínda que algo máis en primavera e outono; as precipitacións medias anuais son de 2.419 mm.

Sitios de interese

Os lugares máis visitados da cidade son:

  • As grutas de Batu, obxecto de peregrinación hindú, accesíbeis por medio dunha longa escaleira.
  • O palacio real (Istana negara).
  • Os exemplos de arquitectura indo-mora, como a vella estación de tren e o Edificio Sultán Abdul Samad, testemuñas da súa elegancia.
  • O Museo de civilización islámica.
  • As torres Petronas, xemelgas, que son dous rañaceos inaugurados no 1998, símbolos do desenvolvemento recente do total do país. Na súa arquitectura figuran diferentes símbolos dos compoñentes da poboación nacional: malaios tradicionais, musulmáns, e tamén chineses. Torres Petronas foi inaugurada o 31 de agosto de 1999 polo entón primeiro ministro de Malaisia, Mahathir bin Mohamad. Cos seus 452 metros de altura e 88 andares, estas torres eran até 2004 as máis altas do mundo. Despois, a torre Taipei 101 en Taiwán sobrepasounas.
  • A torre de telecomunicacións, pola vista panorámica que ofrece.
  • A policromía arquitectónica do centro da cidade.
  • As tendas con saldos de agosto.


Panorama de Kuala Lumpur desde Cheras.

Panorama de Kuala Lumpur desde Cheras.


Comunicacións

Kuala Lumpur está ligada a Singapur, no sur, e a Penang, no norte, por unha autoestrada que continúa cara a Hat Yai na Tailandia. Unha autoestrada leste-oeste únea coa cidade de Kuantan e os estados de Terengganu e de Pahang.

Numerosas vías férreas percorren a aglomeración, aínda que o eixo maior se axusta á península malaia.

As comunicacións aéreas sérvense de tres aeroportos : Subang (voos de frete), o aeroporto internacional de Sepang (aeroporto internacional de Kuala Lumpur), e máis a terminal para baixo custo (Low Cost Carrier Terminal [1]).

Véxase tamén

Outros artigos