FAIR and interactive data graphics from a scientific knowledge graph

Modelo:Xeografía físicaAs Médulas
(es) Las Médulas Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBorrés, España e Carucedo, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónAs Médulas Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°27′31″N 6°45′32″O / 42.458699, -6.759002
Composto por
Zone principal de la mina de oro de Las Médulas (en) Traducir
Estéiles de Valdebría (en) Traducir
Estéiles de la Balouta (en) Traducir
Estéiles de Yeres (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie1.115 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1997 (21ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii), (iii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador803
Ben de interese cultural
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-51-0000667
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Zone principal de la mina de oro de Las Médulas (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Data1997 (21ª Sesión)
Identificador803-001

Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Estéiles de la Balouta (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Data1997 (21ª Sesión)
Identificador803-002

Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Estéiles de Valdebría (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Data1997 (21ª Sesión)
Identificador803-003

Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Estéiles de Yeres (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Data1997 (21ª Sesión)
Identificador803-004
Editar o valor en Wikidata

Sitio webpatrimonionatural.org… Editar o valor en Wikidata
Vista da zona.

As Médulas foi unha antiga explotación romana de ouro a ceo aberto, e forma hoxe unha paisaxe espectacular no que antano fora o monte Medilianum, con areas encarnadas, castiñeiros e carballos verdes. Está situada preto da aldea homónima, no concello de Carucedo, comarca do Bierzo.

Historia e características

Segundo o relato de Plinio o Vello, quen na súa mocidade foi administrador das minas, extraíanse cada ano 20.000 libras de ouro, empregando 60.000 escravos, que en 250 anos de explotación deron 5 000 000 de libras (= 1 635 000 kg). Segundo os datos do profesor arqueólogo Antonio García Bellido, as terras removidas acadaron os 500 millóns de , o que cun rendemento medio de 3 g/tonelada de terra implica uns 1 500 000 kg de mineral.

Outros estudos, baseados na terra extraída, falan de 10.000 ou 20.000 homes, contando con subministradores, gardiáns etc.

Os ástures xa tiñan explotado algo, lavando as lamas e as areas. De seguro os romanos comezaron en época de Octavio Augusto.

Plinio comenta que é menos temerario buscar perlas e púrpura no fondo do mar que sacar ouro destas terras.

Conta a lenda que o lago de Carucedo se formou co estancamento da auga empregada para a explotación.

A extracción viuse favorecida por:

  • Ser terras de aluvión con pebidas de ouro.
  • Ter moita auga e pendente para producir o arrastre.
  • Existir pendentes cara ao río Sil para os desaugadoiros.

Como chegar

Pola estrada Vigo - Ourense a Ponferrada. Pasado Santalla, tómase un camiño á esquerda que leva ata o alto do castelo de Cornatel (vese desde a estrada), templario, onde se desenvolve a novela de Enrique Gil y Carrasco "El Señor de Bembibre". Desde aí vese o lago de Carucedo. Chégase a Carucedo e de alí a Orellán para ver As Médulas dende o miradoiro.

As Médulas teñen activo un túnel que se pode atravesar, sentindo un pouco mellor as circunstancias de explotación, ata un miradoiro sobre o baleiro.

Método de extracción

As Médulas.

Usábase o chamado ruina montium, consistente na captación da auga existente por medio de canles, almacenándoa en depósitos para utilizala despois. É un sistema espectacular neste caso, pola cantidade de auga usada, lonxitude e ramificacións de canles. Hoxe coñécese o trazado, e pódese visitar parte aínda que é imprescindible un guía e un casco para a cabeza.

Unha das moitas captacións era na vertente nordeste do monte Teleno. No pico, a unha altura de 2.000 m, acumulábase a neve que, derretida, chegaba ó río Cabo (afluente do Cabreira). Este río alimentaba as 7 canles que, bordeando a montaña, chegaban ós estanques. As canles podían ter unha lonxitude de 300 km cunha pendente entre 0,6 % e 1%. O ancho era de 1,28 m, excepto nas curvas, nas que acadaba 1,60. O alto, 90 cm. En lugares, a canle entra baixo as penas como túnel. A construción das canles foi a parte máis difícil e custosa da explotación.

A auga chegaba ós depósitos escavados no terreo, e a terra amoreábase arredor, formando taludes. Tiñan comportas para facer a distribución hídrica. Algunhas canles subsisten hoxe en día como camiños, podéndose percorrer con guías.

Este traballo de enxeñaría e a posterior extracción de ouro supuxo un atentado contra o medio ambiente na época, mais non se ten constancia de que na época teña sido visto como tal. Dende 1997 é Patrimonio da humanidade.

Véxase tamén

Ligazóns externas