FAIR and interactive data graphics from a scientific knowledge graph

O concepto de arte liberal, herdado da antigüidade clásica, fai referencia ó seu cultivo por "homes libres" en oposición ás "artes servís". O termo artes liberais (en latín artes liberales) designaba os estudos que tiñan como propósito ofrecer coñecementos xerais e destrezas intelectuais antes que destrezas profesionais ou ocupacionais especializadas.

As sete artes liberais – Hortus deliciarum de Herrad von Landsberg (século XII)

Durante a Idade Media, as artes liberais conformaban a parte central do currículum das universidades. Alcuíno, conselleiro intelectual de Carlomagno adoptounas como base da reforma escolar levada a cabo durante o período do Renacemento carolinxio). Nas teorías educativas medievais o quadrivium seguía o traballo preparatorio do trivium. Aínda que o esquema de trivium e quadrivium é ás veces coñecido como "educación clásica" correspóndese fundamentalmente cun desenvolvemento medieval que chega ós séculos XII e XIII.

O ámbito e alcance das artes liberais evolucionou no tempo. Inicialmente refería a educación das elites nos clásicos. Boecio, o "último romano, o primeiro escolástico", nunha tentativa case desesperada de transmitir ós novos donos de Italia a civilización clásica, permanece no reino dos ostrogodos para tentar ensinarlles os rudimentos do quadrivium. Do século VI en diante o sistema medieval de estudos académicos corresponderase co esquema duplo dos contidos do trivium e quadrivium pero coa aparición das Humanidades e da Ciencia na época da Ilustración, o significado de "artes liberais" esténdese ata abranguer a ambas. Son aínda excluídas das artes liberais ocupacións específicas como a agricultura, os negocios, a enxeñaría, a pedagoxía, a medicina ou a farmacia.

As sete artes liberais que se ensinaban na antigüidade comprendían dous grupos de estudos: o trivium e o quadrivium. Eran estas (acompañadas a seguir da súa materia principal en latín):

O trivium

O trivium, (lat. "tres vías ou camiños") agrupaba as disciplinas literarias (relacionadas coa elocuencia). A máxima latina Gram. loquitur, Dia. vera docet, Rhet. verba colorat resume os contidos e ensinanzas de cada unha delas:

  • Gramática, a ciencia do uso correcto da lingua, axuda a falar;
  • Dialéctica, a ciencia do pensamento correcto, axuda a buscar a verdade;
  • Retórica, a ciencia da expresión, ensina a colorear as palabras;

O quadrivium

O quadrivium (lat. "catro camiños"), agrupaba as disciplinas científicas relacionadas coas matemáticas. A máxima latina rezaba Ar. numerat, Geo ponderat, As. colit astra Mus. canit. Eran estas:

Véxase tamén

Bibliografía

  • Charles Blaich, Anne Bost, Ed Chan, e Richard Lynch (2004) Defining Liberal Arts Education. Center of Inquiry in the Liberal Arts.
  • Sister Miriam Joseph (2002) The Triviuum: The Liberal Arts of Logic, Grammar, and Rhetoric. Paul Dry Books.
  • Brand Blanshard (1973) The Uses of a Liberal Education: And Other Talks to Students. Open Court.