FAIR and interactive data graphics from a scientific knowledge graph

Editar as ligazóns
2023
Calendario gregoriano2023
MMXXIII
Ab urbe condita2776
Calendario armenio1472
Calendario chinés4719 – 4720
Calendario hebreo5783 – 5784
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2078 – 2079
 ·  Shaka Samvat1945 – 1946
 ·  Kali Yuga5124 – 5125
Calendario persa1401 – 1402
Calendario musulmán1445 – 1446
Calendario rúnico2273
Década de 2020
2019 2020 2021 2022 2023 2024 2025 2026 2027
Manifestación na Coruña en solidariedade co pobo palestino.

2023 (MMXXIII) foi un ano do calendario gregoriano comezado en domingo.

Ese ano experimentouse un descenso na gravidade da pandemia de COVID-19, e a Organización Mundial da Saúde puxo fin ao estado de emerxencia sanitaria mundial en maio. As catástrofes naturais incluíron o quinto terremoto máis mortífero do século XXI en Turquía e Siria, que deixou case 60.000 mortos, o ciclón Freddy, o ciclón tropical máis longo da historia, que provocou máis de 1.400 mortes en Malawi e Mozambique, a tormenta Daniel, que se converteu no ciclón máis mortífero en todo o mundo dende o ciclón Nargis despois de matar polo menos 11.000 persoas en Libia, un importante sismo de magnitude 6,8 asolou o oeste de Marrocos, no que morreron 2.960 persoas e un sismo triplo de magnitude 6,3 asolou o oeste de Afganistán, no que morreron máis de 1.400 persoas.

A invasión rusa de Ucraína e a Guerra civil de Myanmar continuaron, e producíronse unha serie de golpes de estado e conflitos armados en numerosas nacións africanas, salientando a guerra no Sudán. En outubro produciuse unha escalada do conflito israelí-palestino cando Hamas, que goberna a Franxa de Gaza, liderou un ataque en Israel, o que levou a este último a declarar a guerra a Hamas. Ademais, o conflito de Nagorno-Karabakh rematou despois de que máis de 100.000 armenios fuxisen da rexión tras unha invasión militar acerbaixana.

2023 foi testemuña dunha crise bancaria que resultou no colapso de numerosos bancos rexionais estadounidenses, así como a compra de Credit Suisse de UBS en Suíza. Entre os bancos estadounidenses, os dous maiores bancos que colapsaron foron o Silicon Valley Bank e o First Republic Bank, o terceiro e segundo maior colapsos bancarios na historia dos Estados Unidos respectivamente. Ademais, anunciáronse numerosas adquisicións en varias industrias, sendo algunhas das maiores e máis notables as adquisicións de enerxía en outubro con ExxonMobil e Chevron comprando Pioneer Natural Resources e Hess respectivamente, o holding de moda de luxo Tapestry (Coach New York e Kate Spade New York) anunciaou a compra de Capri Holdings (Michael Kors e Versace), e o peche da adquisición de Microsoft de Activision Blizzard.

No edido da tecnoloxía, en 2023 produciuse o continuo aumento dos modelos de intelixencia artificial, con cada vez máis aplicacións en varias industrias. Estes modelos, aproveitando os avances na aprendizaxe automática e no procesamento da linguaxe natural, foron quen de crear textos, imaxes e música realistas e coherentes. A carreira armamentística da intelixencia artificial continuou dende finais da década de 2010, sendo OpenAI apoiado por Microsoft e o propietario de Google Alphabet hoxe en día, os dominante entre as empresas.[1]

Acontecementos

Decembro

Festas e celebracións

  • Ano internacional do Paínzo, proclamado pola Organización das Nacións Unidas en marzo de 2021 polos beneficios que o seu cultivo pode representar en países con condicións climáticas adversas e escasa dispoñibilidade de auga.[2]

Notas

  1. "The AI Arms Race Is On. Start Worrying". Time (en inglés). 2023-02-16. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2023. Consultado o 2023-05-11. 
  2. "2023. Año Internacional del Mijo" (en castelán). Consultado o 12.02.2023. 

Véxase tamén

Outros artigos