Effects of the storage conditions on the stability of natural and synthetic cannabis in biological matrices for forensic toxicology analysis: An update from the literature
Contidos
Merlot[1] é unha caste de uva tinta, froito da videira común (Vitis vinifera) orixinaria de Francia, de pequeno tamaño, forma esférica e pel grosa de cor negra azulada, de cultivo moi estendido. É unha das responsábeis das características dos viños tintos de Saint Émillion, na rexión de Bordeos, en Francia. Malia ser unha caste xeralmente utilizada en viños para seren consumidos novos, as vinícolas de Saint Émillion garanten rótulos de lonxevidade.
Hoxe cultívase en Francia, nos Estados Unidos, en Italia, no Brasil, en Bulgaria, en Australia, en Moldova, en Suráfrica, en Romanía, en Chile, en Nova Zelandia, en España, en Suíza, en Alemaña, no Canadá, en Grecia e en Austria[2]
Viño
O viño merlot é encorpado, intensamente afroitado, complexo, cunha harmónica estrutura e con perfecto equilibrio. Presenta unha cor vermella-púrpura, os seus aromas son densos e afroitados, tendo unha boa evolución, deixando así o seu aroma con moita complexidade. O padal é rico, lene, perfectamente equilibrado, sedoso e de gran clase.
Sideways
Este viño volveuse moi famoso pola súa aparición no filme estadounidense de 2004 Sideways (en Galiza estreado en castelán co título Entre copas). No filme, o protagonista rexeita unha copa deste viño nunha cea en California. A pesar diso, cando o filme se aproxima ao final, os personaxes deléitanse cunha botella de Pétrus, que é, basicamente, un merlot.
Mesmo así, após o filme, as vendas da variedade decreceron nos Estados Unidos.[3]
Notas
- ↑ Nome galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ "VINES.ORG Encyclopedia" (en inglés). Consultado o 14/05/2009.[Ligazón morta]
- ↑ "Timesonline.co.uk - Oscar winner knocks sales of merlot wine sideways" (en inglés). 06/03/2005. Arquivado dende o orixinal o 16/02/2007. Consultado o 14/05/2009.