Effects of the storage conditions on the stability of natural and synthetic cannabis in biological matrices for forensic toxicology analysis: An update from the literature
Contidos
湖南省 (zh) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | República Popular da China | ||||
Capital | Changsha | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 65.683.722 (2010) (310,07 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua cantonesa Waxiang Chinese (en) mandarín estándar Lingua mien Língua yue (pt) Lingua biao min Lingua cao miao Lingua zao min Hm Nai (en) Lingua bu-nao Lingua dong mandarín Xiang Chinese (en) Lingua hakka Gan Western Xiangxi Miao (en) Southern Tujia (en) Northern Tujia (en) Northern Dong (en) Guibei Zhuang (en) Eastern Xiangxi Miao (en) Eastern Qiandong Miao (en) Putonghua (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 211.836 km² | ||||
Punto máis alto | Ling Peak (en) (2.115,2 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Mao Weiming (en) (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Congresso Popular Provincial de Hunão (pt) , | ||||
PIB nominal | 4.178.150.000.000 ¥ (2020) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CN-HN e CN-43 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | hunan.gov.cn | ||||
Hunan (en chinés 湖 南, en pinyin: Húnán) é unha provincia situada no centro da China.
Xeografía, historia, etnias e linguas
A súa capital e cidade máis grande es Changsha, nas ribeiras do río Xiang. Cunha poboación de pouco máis de 67 millóns de habitantes (datos de 2014), que residen nun territorio de aproximadamente 210 000 km², é a sétima provincia máis poboada da China e a décima provincia máis extensa do país.
O nome de Hunan significa literalmente «sur do lago».[1] Este lago ao que se fai referencia é o lago Dongting, no nordeste da provincia. Situada no treito medio da conca do río Yangtzé, limita coas provincias de Hubei ao norte, Jiangxi ao leste, Guangdong e Guangxi ao sur, Guizhou ao oeste e Chongqing ao noroeste.
A zona de Hunan caeu baixo o dominio chinés contra o ano 350 a. C., cando a provincia converteuse en parte do Estado de Chu. Hunan foi o lugar de nacemento do revolucionario comunista chinés Mao Zedong,[2] quen se convirteu no pai fundador da República Popular Chinesa.
Hoxe en día, Hunan é o fogar dalgunhas minorías étnicas, incluídos os tujia e os miao, xunto cos chineses han, que constitúen a maioría da poboación. As variedades de chinés que se falan inclúen o xiang, o gan e o mandarín do suroeste. O sitio de Wulingyuan foi inscrito como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1992.[3]
Divisións administrativas
Hunan divídese en catorce divisiónes do nivel de prefectura: trece cidades de nivel de prefectura e unha prefectura autónoma:
Mapa | # | Nome | Escrita chinesa | Pinyin | Tipo |
---|---|---|---|---|---|
1 | Changsha | 长沙市 | Chángshā Shì | Cidade-prefectura | |
2 | Changde | 常德市 | Chángdé Shì | Cidade-prefectura | |
3 | Chenzhou | 郴州市 | Chénzhōu Shì | Cidade-prefectura | |
4 | Hengyang | 衡阳市 | Héngyáng Shì | Cidade-prefectura | |
5 | Huaihua | 怀化市 | Huáihuà Shì | Cidade-prefectura | |
6 | Loudi | 娄底市 | Lóudǐ Shì | Cidade-prefectura | |
7 | Shaoyang | 邵阳市 | Shàoyáng Shì | Cidade-prefectura | |
8 | Xiangtan | 湘潭市 | Xiāngtán Shì | Cidade-prefectura | |
9 | Yiyang | 益阳市 | Yìyáng Shì | Cidade-prefectura | |
10 | Yongzhou | 永州市 | Yǒngzhōu Shì | Cidade-prefectura | |
11 | Yueyang | 岳阳市 | Yuèyáng Shì | Cidade-prefectura | |
12 | Zhangjiajie | 张家界市 | Zhāngjiājiè Shì | Cidade-prefectura | |
13 | Zhuzhou | 株州市 | Zhūzhōu Shì | Ciedade-prefectura | |
14 | Xiangxi | 湘西土家族苗族自治州 | Xiāngxī Tǔjiāzú Miáozú Zìzhìzhōu | Prefectura autónoma |
As catorce divisións a nivel de prefectura de Hunan subdivídense en 122 divisións a nivel de condado (35 distritos, 17 cidades-condado, 63 condados e 7 condados autónomos). Estas á súa vez comprenden 2 587 divisións a nivel de municipio (1098 pobos, 1 158 municipios, 98 pobos étnicos, 225 subdistritos e oito oficinas públicas de distrito). A finais de 2017, a poboación total era de 68,6 millóns de habitantes.
Áreas urbanas
Poboación por áreas urbanas de prefecturas e cidades-condado | |||||
---|---|---|---|---|---|
# | Cidade | Área urbana[4] | Área de distrito[4] | Cidade propia[4] | Data censo |
1 | Changsha[5] | 2,963,218 | 3,092,213 | 7,040,952 | 2010-11-01 |
(1) | Changsha (nuevo distrito)[5] | 230,136 | 523,660 | ver Changsha | 2010-11-01 |
2 | Hengyang | 1,115,645 | 1,133,967 | 7,148,344 | 2010-11-01 |
3 | Zhuzhou[6] | 999,404 | 1,055,150 | 3,857,100 | 2010-11-01 |
(3) | Zhuzhou (nuevo distrito)[6] | 94,326 | 383,598 | ver Zhuzhou | 2010-11-01 |
4 | Yueyang | 924,099 | 1,231,509 | 5,476,084 | 2010-11-01 |
5 | Xiangtan | 903,287 | 960,303 | 2,752,171 | 2010-11-01 |
6 | Changde | 846,308 | 1,457,419 | 5,714,623 | 2010-11-01 |
7 | Yiyang | 697,607 | 1,245,517 | 4,307,933 | 2010-11-01 |
8 | Liuyang | 588,081 | 1,279,469 | ver Changsha | 2010-11-01 |
9 | Chenzhou | 582,971 | 822,534 | 4,583,531 | 2010-11-01 |
10 | Shaoyang | 574,527 | 753,194 | 7,071,735 | 2010-11-01 |
11 | Yongzhou | 540,930 | 1,020,715 | 5,194,275 | 2010-11-01 |
(12) | Ningxiang[7] | 498,055 | 116,6138 | ver Changsha | 2010-11-01 |
13 | Leiyang | 476,173 | 1,151,554 | ver Hengyang | 2010-11-01 |
14 | Huaihua | 472,687 | 552,622 | 4,741,673 | 2010-11-01 |
15 | Liling | 449,067 | 947,387 | ver Zhuzhou | 2010-11-01 |
16 | Loudi | 425,037 | 496,744 | 3,784,634 | 2010-11-01 |
17 | Changning | 332,927 | 810,447 | ver Hengyang | 2010-11-01 |
18 | Miluo | 321,074 | 692,080 | ver Yueyang | 2010-11-01 |
19 | Yuanjiang | 281,097 | 666,270 | ver Yiyang | 2010-11-01 |
20 | Zhangjiajie | 250,489 | 494,528 | 1,478,149 | 2010-11-01 |
21 | Lianyuan | 245,360 | 995,515 | ver Loudi | 2010-11-01 |
22 | Lengshuijiang | 238,275 | 327,146 | ver Loudi | 2010-11-01 |
23 | Linxiang | 225,054 | 498,319 | ver Yueyang | 2010-11-01 |
24 | Zixing | 215,707 | 337,294 | ver Chenzhou | 2010-11-01 |
25 | Jishou | 212,328 | 302,065 | parte da Prefectura autónoma tujia e miao de Xiangxi | 2010-11-01 |
26 | Xiangxiang | 210,799 | 788,216 | ver Xiangtan | 2010-11-01 |
27 | Hongjiang | 197,753 | 477,996 | ver Huaihua | 2010-11-01 |
28 | Wugang | 187,436 | 734,870 | ver Shaoyang | 2010-11-01 |
29 | Jinshi | 156,230 | 250,898 | ver Changde | 2010-11-01 |
30 | Shaoshan | 27,613 | 86,036 | ver Xiangtan | 2010-11-01 |
Política
A política de Hunan está estruturada nun sistema de duplo partido-goberno como todas as demais institucións de goberno da China continental.
O gobernador de Hunan é o funcionario de máis alto rango no goberno popular de Hunan.
Porén, no sistema de goberno de duplo partido-goberno da provincia, o gobernador ten menos poder que o Secretario do Comité Provincial do Partido Comunista Chinés de Hunan, denominado coloquialmente como o "Xefe do PCCh de Hunan".
Cultura
A industria cultural de Hunan xerou 87 mil millóns de iuans en valor económico en 2007, e é un importante contribuínte ao crecemento económico da provincia. Esta industria representa o 7,5 % do PIB da rexión.[Cómpre referencia]
Idioma
O chinés xiang (湘語) é a variedade homónima de chinés que se fala en Hunan. Ademais do chinés xiang, tamén hai outros dialectos e idiomas presentes, como o mandarín do suroeste, o hakka, o waxiang e o shaozhou tuhua. O Nü shu, un sistema de escritura para o shaozhou tuhua, úsase exclusivamente entre mulleres no condado de Jiangyong e áreas veciñas no sur de Hunan.[Cómpre referencia]
Gastronomía
A cociña de Hunan destaca polo uso case ubicuo de chiles, allos e chalotas. Estes ingredientes dan lugar a un sabor distintivo seco e picante (en chinés 干辣; gān là),[8] con pratos como touciño afumado e carne de res picante rustrida como exemplos principais do sabor.[8]
Música
O huaguxi é unha forma local de ópera chinesa que é moi popular na provincia de Hunan.[Cómpre referencia]
Notas
- ↑ Origin of the Names of China's Provinces Arquivado 27 de abril de 2016 en Wayback Machine., People's Daily Online.
- ↑ Schram, Stuart R. (Stuart Reynolds), 1924-2012. (1967). Mao Tse-tung. Harmondsworth: Penguin. ISBN 0140208402. OCLC 7874661.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Wulingyuan Scenic and Historic Interest Area". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de junio de 2019. Consultado o 12 de junio de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 国务院人口普查办公室、国家统计局人口和社会科技统计司编 (2012). 中国2010年人口普查分县资料. Beijing: China Statistics Print. ISBN 978-7-5037-6659-6.
- ↑ 5,0 5,1 Novo distrito establecido despois do censo: Wangcheng (condado de Wangcheng). O novo distrito non está incluído no reconto de área urbana e área de distrito da cidade previamente expandida.
- ↑ 6,0 6,1 Novo distrito establecido despois do censo: Lukou (condado de Zhuzhou). O novo distrito non está incluído no reconto de área urbana e área de distrito da cidad previamente expandida.
- ↑ O condado de Ningxiang coñécese actualmente como CLC de Ningxiang despois do censo.
- ↑ 8,0 8,1 Eats, Serious. "A Song of Spice and Fire: The Real Deal With Hunan Cuisine". www.seriouseats.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de junio de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2020.