Effects of the storage conditions on the stability of natural and synthetic cannabis in biological matrices for forensic toxicology analysis: An update from the literature

Forcada tradicional, de madeira

Unha forcada é un apeiro agrícola formado por un mango longo rematado en entre tres e seis gallas garruchas e longas, amplamente separadas e cos extremos punzantes.[1] Estas gallas adoitan ser redondas e finas, mais tamén poden ser planas, como as do raño ou a picaña. As forcadas tradicionais eran completamente de madeira, feitas aproveitando unha póla de árbore que se separase en tres a partir dun mesmo nó. Na actualidade, os dentes son metálicos e dispóñense en paralelo.

Esta ferramenta adoita usarse para levantar e transportar materiais a eito como palla, follas mortas, esterco etc.

Sinonimia

En galego existen numerosos sinónimos para designar este apeiro: colmeira,[2] forca,[3] forcado,[4] forcanza,[5] forquita[6] (cando é pequena, con dous gallos), furquito, galleta,[7] galleto,[8] gancha,[9] benlo ou guita.[10]

Galería de imaxes

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para forcada.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para colmeira.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para forca.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para forcado.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para forcanza.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para forquita.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galleta.
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galleto.
  9. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gancha.
  10. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guita.

Véxase tamén

Outros artigos