Effects of the storage conditions on the stability of natural and synthetic cannabis in biological matrices for forensic toxicology analysis: An update from the literature
Contidos
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Philippe IV de France ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | xuño de 1268 ![]() Fontainebleau, Francia ![]() |
Morte | 29 de novembro de 1314 ![]() Fontainebleau, Francia ![]() |
Causa da morte | morte natural, Ictus accidente de caza ![]() |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis ![]() |
Rei de Francia | |
5 de outubro de 1285 – 29 de novembro de 1314 ← Filipe III de Francia – Lois X de Francia → | |
Rei de Navarra (Iure uxoris) | |
16 de outubro de 1284 – 4 de abril de 1305 Xunto con: Xoana I de Navarra ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Francia ![]() |
Relixión | Cristianismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | gobernante ![]() |
Lingua | Francés antigo e lingua latina ![]() |
Outro![]() | |
Título | Duque de Normandía Rei de Francia Rei de Navarra ![]() |
Familia | Dinastía dos Capetos ![]() |
Cónxuxe | Xoana I de Navarra (1284, 1284 (Gregoriano)–1305) |
Fillos | Lois X de Francia, Sabela de Francia, Carlos IV de Francia, Filipe V de Francia, Robert of France (pt) ![]() ![]() |
Pais | Filipe III de Francia ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Margarida de Francia, Branca de França, Duquesa da Áustria (pt) ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/d1/Filippoilbello.gif)
Filipe IV de Francia, coñecido como Filipe o Fermoso, naceu en 1268, e morreu o 29 de novembro de 1314 en Fontainebleau; foi rei de Francia de 1285 a 1314, o décimo primeiro da dinastía dos chamados "capetos directos".
Traxectoria
Era fillo de Filipe III de Francia (1245-1285), rei de Francia, e da súa primeira esposa Isabelle de Aragón (1247-1271).
O 14 de agosto de 1284, casou con Xoana I de Navarra, (raíña de Navarra de 1274 a 1305) e levou por iso el mesmo o título de rei de Navarra (Filipe I) de 1284 a 1305.
Desta unión son froito sete fillos:
- Margarida de Francia (1288-1312)
- Lois X de Francia (1289-1316), rei de Navarra e de Francia
- Branca de Francia (1290-1294)
- Isabel de Francia (1292-1358), raíña de Inglaterra.
- Filipe V de Francia (1293-1322), rei de Francia
- Carlos IV de Francia (1295-1328), rei de Francia
- Roberto de Francia (1297-1308)
Para sanear as finanzas do reino e que os seus cabaleiros puidesen ofrecerse as sonadas esporas de ouro da batalla de Courtrai, atacou os que tiñan cartos, incluíndo os relixiosos tales como a Igrexa católica, os xudeus e os templarios.
Planeou o atentado de Agnani e instalou a Clemente V como papa, facéndoo residir en Aviñón, no sur de Francia.
O 13 de outubro de 1307, os Templarios foron encarcerados e torturados despois para admitir a herexía na súa orde. O gran mestre, Jacques de Molay morreu na fogueira, en París en 1314.
Filipe morreu nun accidente de caza.
Foi inhumado na basílica de Saint-Denis. A súa sepultura, como a dos outros príncipes e dignatarios que están neste lugar, foi profanada polos revolucionarios en 1793.