Cybersecurity and privacy risk assessment of point-of-care systems in healthcare: A use case approach
Contidos
República de Moçambique (pt) | |||||
Himno | Pátria Amada (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Dewch i'r fan lle cychwynwyd y cyfan» | ||||
Epónimo | Illa de Mozambique | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Maputo | ||||
Contén a división administrativa | Maputo Província de Cabo Delgado (pt) Província de Gaza (pt) Província de Inhambane (pt) Província de Manica (pt) Província de Maputo (pt) Província de Nampula (pt) Província de Sofala (pt) Província de Tete (pt) Província do Niassa (pt) Zambézia (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 29.668.834 (2017) (37,01 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua portuguesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 801.590 km² | ||||
Punto máis alto | Monte Binga (2.436 m) | ||||
Punto máis baixo | Canle de Mozambique (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 25 de xuño de 1975: Estado soberano | ||||
Organización política | |||||
• Presidente (pt) | Filipe Nyusi (pt) (2015–) | ||||
Órgano executivo | Governo de Moçambique (pt) | ||||
• Primeiro ministro | Adriano Maleiane (pt) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia da República de Moçambique (pt) , (Escano: 250) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Mozambique (en) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 15.776.757.420 $ (2021) | ||||
Moeda | Metical | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .mz | ||||
Prefixo telefónico | +258 | ||||
Teléfono de emerxencia | 119, 117 e 198 (pt) | ||||
Código de país | MZ | ||||
Páxina web | portaldogoverno.gov.mz | ||||
Mozambique,[1] oficialmente República de Mozambique (en portugués, República de Moçambique) é un país da costa oriental da África Austral. Limita ao norte con Zambia, Malaui e Tanzania, ao leste coa canle de Mozambique e co océano Índico, ao sur e oeste con Suráfrica e ao oeste con Eswatini e Cimbabue. Máis alá do canal de Mozambique, o país ten ao leste as illas Comores, Madagascar, a posesión francesa de Mayotte e o departamento tamén francés de Reunión e as súas dependencias Juan de Novoa, Basas da Índia e Illa Europa. A súa capital é Maputo.
Historia
A historia de Mozambique atópase documentada, polo menos, dende o século X, cando un estudoso viaxante árabe, Al Masudi describiu unha importante actividade comercial entre as nacións da rexión do Golfo Pérsico e os "Zanx" da "Bilad as Sofala", que abranguía gran parte da costa norte e centro do actual Mozambique.
Porén, varios achados arqueolóxicos permiten caracterizar a prehistoria de Mozambique dende moitos séculos antes da escrita. Probablemente o evento máis importante desa prehistoria foi o asentamento nesta rexión dos pobos Bantú que, non só foron agricultores, senón que tamén introduciron a metalurxia do ferro, entre os séculos I a IV.
A penetración portuguesa en Mozambique, iniciada nos comezos do século XVI, só en 1885 -coa partilla de África polas potencias europeas durante a Conferencia de Berlín- transformouse nunha ocupación militar, ou sexa, na submisión total dos estados alí existentes, que levou, nos comezos do século XX, a unha verdadeira administración colonial.
Despois dunha guerra de liberación que durou preto de 10 anos, Mozambique tornouse independente o 25 de xuño do 1975.
Ademais de membro da Unión Africana, Mozambique é tamén membro fundador da SADC, Comunidade para o Desenvolvemento da África Austral.
Política
- Artigo principal: Política de Mozambique.
A Frelimo foi o movemento que loitou pola liberación desde o comezo da década de 1960. Despois da independencia, a Frelimo tornouse nun partido político e pasou a controlar o poder. Samora Machel ocupou a presidencia do país ata a súa morte no 1986. A Frelimo permaneceu no poder ata hoxe, tendo gañado en tres ocasións as eleccións multi-partidarias realizadas en 1994, 1999 e 2004. A Renamo é o principal partido de oposición.
Subdivisóns
- Artigo principal: Subdivisións de Mozambique.
Mozambique está dividido en 11 provincias: Cabo Delgado, Gaza, Iñambane, Manica, Maputo (cidade), Maputo (provincia), Nampula, Niasa, Sofala, Tete, e Zambézia.
Xeografía
- Artigo principal: Xeografía de Mozambique.
O país localízase na costa leste de África, na maior chaira costeira do continente (a metade do territorio do país encóntrase a 230 m sobre o nivel do mar). A cadea montañosa coñecida como Inyanga atópase ao oeste do país, alcanzando o seu máximo pico 2500 m. As maiores elevacións montañosas están a carón de Zimbabwe, Zambia e Malawi.
As costas son moi irregulares, estando cubertas por grandes pantanos. As praias son turísticas, con area fina branca e augas cristalinas.
O país está dividido polo río Zambeze.
Mozambique ten unha estación cálida e chuviosa dende novembro a marzo, e unha fresca con ventos secos dende xullo a setembro.
Economía
- Artigo principal: Economía de Mozambique.
En 1975, ano da súa independencia, Mozambique era un dos países máis pobres do mundo, máis os problemas de xestión da economía socialista e unha guerra civil entre o 1977 e o 1992 empeoraron a situación.[2]
O 1987 o goberno comezou unha serie de reformas macroeconómicas con fins de estabilizar a economía, coñecidas como Programa de Rehabilitación Económica e Social, malia isto, a agricultura de subsistencia segue sendo a principal fonte de renda da maioría da poboación.
Demografía
Linguas
O portugués é a lingua oficial e a máis falada do país, (70% como segunda lingua e 30% como primeira lingua). En Mozambique o portugués está menos estendido que en Angola, onde si é falado como primeira lingua pola maioría da poboación.
En Mozambique fálanse diversas linguas nativas, todas da gran familia de linguas bantús, as principais das cales son o macua, falada polo 26,3% da poboación, o tsonga (11,4%) e o elomwe (7,9%), outras linguas bantús son shona, ronga, echuwabo, chichewa, chope, bitonga, sena, ñungwe, ekoti, yao, maconde e mwani. Tamén ao norte do país se fala o suajili.[3]
Cultura
Literatura
Dende comezos do século XX, escritores e periodistas africanos publicaron o seu propio xornal na capital, O Africano (logo rebautizado baixo o nome de O Brado Africano), o cal subministrou un espazo de discusión para os intelectuais durante décadas.
O poeta José Craveirinha, autor de Chigubo e de Karingana ua karingana (Era unha vez), foi galardoado co Premio Camões en 1991.[4] Outros autores relevantes son Mia Couto e Paulina Chiziane.
Belas artes
O pintor Malangatana Valente Ngwenya, coñecido como Malangatana, é un artista de renome internacional, sendo nombrado Artista da Unesco para a Paz. O escultor Alberto Chissano foi un pioneiro da escultura moderna en madeira en Mozambique, é considerado, xunto con Malangatana e o muralista Mankew Valente Muhumana, un dos artistas máis importantes e influentes de Mozambique.[5]
Festividades
Data | Nome en portugués | Observacións |
---|---|---|
1 de xaneiro | Día da Fraternidade universal | |
3 de febreiro | Dia dos Heróis Moçambicanos | En homenaxe a Eduardo Mondlane |
7 de abril | Dia da Mulher Moçambicana | En homenaxe a Xosina Machel |
1 de maio | Día Internacional dos Trabalhadores | |
25 de xuño | Dia da Independência Nacional | |
25 de setembro | Dia das Forças Armadas de Libertação Nacional | En homenaxe ao inicio da Loita Armada de Liberación Nacional |
4 de outubro | Dia da Paz e da Reconciliação | En homenaxe ao Acordo Xeral de Paz |
25 de decembro | Día da Familia |
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mozambicano.
- ↑ "The World Factbook". cia.gov (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2020.
- ↑ Bento Sitoe e Armando Ngunga (ed.). Relatório do II Seminário sobre a Padronização da Ortografia de Línguas Moçambicanas realizado na Matola (Maputo), de 8 a 12 de março de 1999. (2000) Centro de Estudos das Línguas Moçambicanas, Maputo.
- ↑ "Prêmio Camões de Literatura". bn.gov.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016.
- ↑ "Daily life and social customs". Enciclopedia Británica (en inglés).