COVID Infections Surge While Laboratory Testing Wanes

O hóckey[1] é un deporte, ou familia de deportes, que consiste no enfrontamento entre dous equipos no cal, os xogadores, valéndose dun stick ou pau de madeira, teñen que levar unha bóla dura ou disco de caucho até a portería contraria para anotar un gol. Existen varias modalidades mais as principais son estas catro: sobre patíns, sobre patíns en liña, sobre herba e sobre xeo.

As modalidades do hóckey

Existen catro modalidades principais de hóckey

Hóckey a patíns

Artigo principal: Hóckey a patíns.

O hockey sobre patíns ou hóckey a patíns é un deporte que se disputa entre dous equipos de cinco xogadores (catro xogadores de pista e un porteiro), con dúas portarías, nunha cancha pechada por un valo coas esquinas redondeadas. Os xogadores desprázanse grazas a uns patíns de catro rodas (paralelas) e utilizan un stick ou pau de madeira con forma curva para conducir unha pelota de caucho.

Historia

Considérase que foi inventado a fins do século XIX en Inglaterra por Edward Crawford, como unha adaptación do hóckey sobre xeo.

En 1924 créase a Federación Internacional de Patín, que regula tanto este deporte como o patín artístico, o patín de velocidade e o hockey en liña. Os países fundadores foron Inglaterra, Suíza, Alemaña e Francia. O primeiro campionato mundial realizouse en 1926.

Aínda que a fins do século XIX xa se expandiu a súa práctica por case toda Europa continental, nas primeiras décadas do século XX comézase a practicar en lationamérica.[2]

Terreo de xogo

A pista de xogo en forma de rectángulo, debe presentar unhas dimensións proporcionadas, en que a extensión longitudinal debe corresponder ao dobre da anchura, e cuxos límites son os seguintes:

  • Mínima - 34×17 metros
  • Standard - 40×20 metros
  • Máxima - 44×22 metros

Todo o perímetro da pista está limitado por un zócolo e un valo sustentados por elementos de perfil vertical con fixación ao chan de forma sólida e resistente, e cuxa altura non poderá ser inferior a 1 metro para o zócolo, e, de 20 centímetros de altura e 2 de espesor para o valo. Cada un dos catro cantos do rectángulo da pista de xogo, debe ter unha configuración semicircular, construído con base nun radio de círculo de 1 metro, do vértice do rectángulo da pista.

Sempre que as áreas de tope e exteriores da pista de xogo, sexan destinadas á pasaxe ou localización de público, "é obrigatoria" a colocación dunha rede de protección, que poderá ser amovible, colocada a toda a anchura da pista de xogo, e ter unha altura nunca inferior a 4 metros, medidos a partir da superficie da pista.

Hóckey sobre xeo

Artigo principal: Hóckey sobre xeo.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hóckey.
  2. Fortti, Antonio e Grieco, Alberto, Hockey sobre patíns, A Grulla, Avellaneda (Bs. As.), 1998

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas