Building infrastructure for African human genomic data management
Contidos
Aparencia
1981 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1981 MCMLXXXI | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2734 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1430 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4677 – 4678 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5741 – 5742 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2036 – 2037 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1903 – 1904 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5082 – 5083 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1359 – 1360 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1401 – 1403 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2231 | ||||||||||||||||||
|
1981 (MCMLXXXI) foi un ano común comezado en xoves no calendario gregoriano.
Acontecementos
- 1 de xaneiro, Grecia ingresa na CE, converténdose no décimo membro desta organización.
- 2 de xaneiro, Peter Sutcliffe, o Destripador de Yorkshire, é arrestado.
- 21 de febreiro - Lanzamento do observatorio espacial Hinotori.
- 23 de febreiro, intento marrado de golpe de estado do tenente coronel Tejero en España, máis coñecido como o 23-F.
- 28 de abril publícase a Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril pola que se aproba o Estatuto de Autonomía para Galicia
- 1 de maio, morre a primeira vítima da intoxicación por aceite de colza desnaturalizado, a intoxicación alimentaria máis grave de tódolos tempos, con máis de 20 000 afectados.
- 16 de xullo - Mahathir bin Mohamad convértese en primeiro ministro de Malaisia.
- 1 de novembro - Proclámase a independencia de Antiga e Barbuda.
Nacementos
- 28 de xaneiro - Elijah Wood, actor estadounidense.
- 9 de febreiro - Ariel Mendizábal, pasteleiro galego.
- 24 de febreiro - Lleyton Hewitt, tenista australiano.
- 24 de febreiro - Alesana Tuilagi, xogador de rugby samoano.
- 16 de marzo - Fabiana Murer, atleta brasileira.
- 22 de abril - Marta Larralde, actriz galega.
- 28 de abril - Jessica Alba, actriz estadounidense.
- 5 de maio - David Teague, xogador de fútbol australiano.
- 12 de maio - Rami Malek, actor estadounidense.
- 7 de xuño - Anna Kournikova, tenista rusa.
- 9 de xuño - Natalie Portman, actriz israelí.
- 10 de xullo - Rita Redshoes, cantante portuguesa.
- 27 de outubro - Daniel Salgado, xornalista e escritor galego.
Mortes
- Xaneiro - Xosé Núñez Búa, escritor e intelectual galego (n. 1897)
- 4 de xaneiro - Moisés da Presa, escritor e galeguista (n. 1904).
- 5 de xaneiro - Harold Clayton Urey, físico-químico estadounidense, Premio Nobel de Química (n. 1894).
- 9 de febreiro - Bill Haley, músico estadounidense (n. 1925).
- 28 de febreiro - Álvaro Cunqueiro, escritor galego.
- 5 de marzo - Fermín Penzol, galeguista (n. 1901).
- 9 de marzo - Max Delbrück, biólogo alemán, Premio Nobel (n. 1906).
- 5 de abril - Carlos Montenegro Rodríguez, escritor galego (n. 1900).
- 23 de abril - Josep Pla, escritor e periodista catalán (n. 1897).
- 1 de maio - Ramón Barreiro Vázquez, fotógrafo, cineasta e escritor galego (n. 1906).
- 11 de maio - Bob Marley, músico de reggae xamaicano (n. 1945).
- 11 de maio - Odd Hassel, químico noruegués, Premio Nobel (n. 1897).
- 13 de xuño - Amácio Mazzaropi, actor e director de cine brasileiro (n. 1912).
- 19 de xuño - Vicente Sierra Martínez, avogado e político galgo (n. 1900).
- 19 de xullo - José María Pemán, avogado, escritor e periodista español (n. 1897).* 1 de agosto - Omar Torrijos Herrera, presidente panameño (n. 1929).
- 22 de agosto - Glauber Rocha, cineasta brasileiro (n. 1938).
- 1 de setembro - Albert Speer, oficial nazi (n. 1905)
- 7 de setembro - Laureano Santiso Girón, avogado, xornalista e político galego (n. 1899).
- 8 de setembro - Hideki Yukawa, físico xaponés, Premio Nobel de Física (n. 1907).
- 9 de setembro - Jacques Lacan, psicanalista francés (n. 1901).
- 12 de setembro - Eugenio Montale, poeta italiano, Premio Nobel de Literatura en 1975 (n. 1896).
- 28 de setembro - Rómulo Betancourt, político, periodista e expresidente venezolano.
- 6 de outubro - Anwar el-Sadat, presidente de Exipto (1970-1981), premio Nobel da Paz en 1978 (n. 1918).
- 15 de outubro - Rafael Dieste, escritor galego (n. 1899).
- 16 de outubro - Moshe Dayan, xeneral israelí (n. 1915).
- 29 de outubro - Georges Brassens, poeta e cantautor francés (n. 1921).
- 12 de novembro - Luís Soto, político e xornalista galego (n. 1902).
- 22 de novembro - Hans Adolf Krebs, médico e bioquímico alemán, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1900).
- Física: Nicolaas Bloembergen, Arthur Leonard Schawlow e Kai Siegbahn
- Química: Kenichi Fukui e Roald Hoffmann
- Fisioloxía ou Medicina: Roger W. Sperry, David H. Hubel e Torsten N. Wiesel
- Literatura: Elias Canetti
- Paz: Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados
- Economía: James Tobin