Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1944 (80 anos) Rebón, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Pontificium Institutum Altioris Latinitatis |
Actividade | |
Ocupación | tradutor, catedrático, filólogo, escritor |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1996–) |
Premios | |
| |
Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón (Moraña) o 28 de setembro de 1944, é un lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.
Fixo e rematou os estudos de Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela en 1965, e de Filoloxía Clásica en Roma en 1969. Foi membro do grupo Os irmandiños, un grupo de cregos e seminaristas que apostaban pola galeguización da igrexa. Colaborou na tradución ó galego do Novo Testamento (en 1978) e da Biblia (en 1989), obra colectiva que recibiu o Premio Nacional de Tradución en 1990.
En 1994 foi galardoado coa Medalla Castelao. O 17 de xuño de 1995 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega, por proposta de Constantino García González, Carlos Casares Mouriño e Andrés Torres Queiruga, e ingresou o 4 de maio de 1996. O seu discurso de ingreso versou sobre a fraseoloxía: Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre[1], e foi respondido por Carlos Casares.
Desde o ano 1994 e ata o 2014 dirixiu o proxecto de Fraseoloxía Galega do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que edita periodicamente os Cadernos de Fraseoloxía Galega, que xa van polo número 22 (2022) [2].
No ano 2004 formou parte da Comisión técnica que organizou e redactou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
No 2008 recibiu o Premio Lois Peña Novo[3].
Do 2007 ao 2011 dirixiu e presentou na Televisión de Galicia 470 programas de Ben falado!, microespazo de cinco minutos de duración dedicado á lingua galega.
Foi colaborador no Dicionario da Real Academia Galega[4] e na revista Irimia.[5]
Xesús Ferro está casado e ten dous fillos.