Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Red de Emisoras del Movimiento | |
---|---|
Organización matriz | Falange Española Tradicionalista y de las JONS |
País | España |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Red de Emisoras del Movimiento (REM) foi unha cadea de radios españolas de titularidade pública, dependente da Secretaría Xeral do Movemento na Ditadura de Francisco Franco. Operativa entre 1954 e 1974, as súas emisoras eran denominadas "La Voz de..." e o nome da localidade.[1]
A REM naceu para agrupar as emisoras creadas baixo o patrocinio de FET de las JONS ao longo da década de 1940 e 1950, igual que se creou a Cadena Azul de Radiodifusión, pertencente á Frente de Juventudes, e a Cadena de Emisoras Sindicales, ligada ao Sindicato Vertical.
A maioría das emisoras da REM eran de ámbito provincial e a que actuaba como cabeceira era La Voz de Madrid.[2] En Galicia contou coa emisora La Voz de Vigo (fundada en 1957) e La Voz de Ferrol (pechada en 1969). A REM foi promotora do Festival de Benidorm, fundado en 1959.[3] En 1974 acabou sendo fusionada con outras redes públicas de radiodifusión para dar lugar a Radiocadena Española, que se integrou en RTVE antes de desaparecer en 1989.[4][5]
|
|