Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Epónimo | James Monroe | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Liberia | ||||
Condados da Libéria (pt) | Montserrado (pt) | ||||
Distrito da Libéria (pt) | Greater Monrovia District (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.021.762 (2008) (5.260,04 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 194,25 km² | ||||
Bañado por | Mesurado River (en) e Océano Atlántico | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 25 de abril de 1822 | ||||
Evento clave | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Monrovia é a capital e a cidade principal de Liberia. Situada na costa do Atlántico, no ano 2003 tiña 572.000 habitantes. A cidade foi denominada así en homaxe ao presidente nortamericano James Monroe, que gobernaba cando os libertos negros foron asentados no litoral africano occidental.
A área de Monrovia xa estaba habitada cando os portugueses a chamaron Cabo Mesurado, en 1560, mais a cidade no se fundou até o mes de abril do ano 1822, cando a illa de Providence (actualmente unida ao centro urbano por unha ponte) foi ocupada pola Sociedade Americana de Colonización (American Colonization Society),[1] como refuxio para escravos liberados nos Estados Unidos e mais nas Indias Occidentais británicas, imitando o que xa fixeran os ingleses en Freetown a finais do século anterior. Inicialmente foi denominada Christopolis, mais en 1824 pasou a ser designada Monrovia na honra do entón presidente dos Estados Unidos, James Monroe.
A cidade ficou severamente danada durante a Guerra Civil liberiana. As batallas importantes libráronse entre as forzas gobernamentais de Samuel Doe e as dos rebeldes de Prince Johnson no ano 1990 e mais durante o asalto do Parlamento no 1992. A consecuencia da guerra, hai en Monrovia unha gran cantidade de rapaces e mozos abandonados.
Monrovia está situada nunha península entre o océano Atlántico e o río Mesurado; ao norte desemboca o río Saint Paul. É a urbe máis grande de Liberia, da que é o centro administrativo, económico, comercial e financeiro. A economía urbana gravita arredor do seu porto, que durante a segunda guerra mundial foi ampliado substancialmente polas forzas dos Estados Unidos.
A través do porto expórtase mineral de ferro e látex producidos no país; as súas instalacións comprenden tamén estaleiros. As industrias principais da cidade son cementeiras, refinamento de petróleo, alimentarias, materiais de construción (ladrillos, azulexos), mobiliario e produtos químicos.
Os principais sitios de interese son o Museo Nacional de Liberia, o Templo Masónico (actualmente en ruínas), o mercado de Waterside, o Centro Cultural e un bo número de praias. A cidade ten tamén un zoolóxico e un dos estadios deportivos máis grandes de África, con capacidade para acoller 40.000 persoas. É a sede da Universidade de Liberia e do Cuttington College and Divinity School.
Monrovia está conectada por mar con Greenville e Harper, cidades liberianas. O aeroporto máis achegado, o Aeroporto Internacional Roberts, está situado a 60 km da cidade, en Robertsfield.