Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Modelo:Xeografía políticaGitega
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 3°25′42″S 29°55′30″L / -3.4283, 29.925
EstadoBurundi
Província (pt) TraducirProvincia de Gitega Editar o valor en Wikidata
Capital de
Burundi (2019–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación135.467 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude1.504 m Editar o valor en Wikidata
Creación1912 Editar o valor en Wikidata

Gitega (antigamente Kitega) é a capital e unha das cidades máis grandes de Burundi.[1]

Está localizada no centro do país a aproximadamente 62 quilómetros ao sueste de Bujumbura (a anterior capital e cidade máis grande). Gitega foi a capital do Reino de Burundi até a súa abolición en 1966.[2][3][Nota 1] A finais de decembro de 2018, o presidente de Burundi Pierre Nkurunziza anunciou que cumpriría a promesa que fixera en 2007 de devolverlle a Gitega o seu antigo status político, quedando Bujumbura como capital económica e centro de comercio.[3][4] Cunha votación no Parlamento de Burundi fíxose oficial o cambio o 16 de xaneiro de 2019,[5] esperándose que todas as ramas do goberno se trasladen en tres anos.[6]

Xeografía

Gitega é tamén a capital da provincia homónima, unha das dezaoito provincias de Burundi. Está localizada no medio do país, a aproximadamente a mesma distancia entre a capital económica, Bujumbura, e o lago Tanganica ao oeste, a fronteira con Tanzania ao leste e a fronteira con Ruanda ao norte. Localízase nunha ancha chaira rodeada por montes, uns quilómetros ao sueste da converxencia entre os ríos Ruvyironza e Ruvubu.[7] O Parque Nacional Ruvubu, o máis grande do país, atópase a 26 quilómetros ao leste.[8]

Historia

Unha rúa en Gitega

Os alemáns fundaron a cidade de Gitega en 1912.[9]

En marzo de 2007, o presidente de Burundi Pierre Nkurunziza anunciou que se planeaba volver a establecer a capital en Gitega, alegando que ten unha localización mellor para a capital que Bujumbura.[10]

O 24 de decembro de 2018, Nkurunziza anunciou que Gitega se ía converter en capital do país se contaba coa aprobación do Parlamento.[3][11] A esperada aprobación parlamentaria (o partido do presidente, o CNDD-FFD, contaba cunha cómoda maioría en ambas as dúas cámaras) chegou o 16 de xaneiro de 2019, e algúns ministerios xa comezaron o traslado dous días máis tarde.

Cultura

É a sede do Museo Nacional de Gitega. Conta con varios santuarios con tambores reais karyenda, así como o ibwami (corte real). O 29 de abril de 1972, Ntare V de Burundi, o último Mwami (Rei) do país, foi asasinado en Gitega.

Notas

  1. De 1922 en diante, Usumbura (agora Bujumbura) funcionou como segunda capital colonial, administrativa e económica do país. Converteuse na única capital política entre a abolición da monarquía en 1966 e xaneiro de 2019.
Referencias
  1. "Biggest Cities In Burundi". www.worldatlas.com (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  2. "Gitega na Encyclopædia Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Burundi names Gitega as new capital". www.theeastafrican.co.ke. 22 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2019. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  4. "Burundi Moves Political Capital From Bujumbura to Gitega". www.bloomberg.com (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  5. "El Parlamento de Burundi aprueba trasladar la capital del país de Buyumbura a Gitega" (en castelán). 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  6. "Burundi to change its capital city" (en inglés). 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  7. Hughes, R.H.; Hughes, J.S. (1992). A Directory of African Wetlands (en inglés). International Union for Conservation of Nature. p. 97. ISBN 2-88032-949-3. 
  8. "Burundi:Country in the Heart of the African Great Lakes Region" (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  9. Françoise Le Guennec-Coppens, Pat Caplan, Les Swahili entre Afrique et Arabie, KARTHALA Editions , France, 1991, p. 174
  10. "Burundi: Gitega Soon to Become the Capital of Burundi" (en inglés). 27 de marzo de 2007. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  11. "Burundi’s political capital now is Gitega" (en inglés). 24 de decembro de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2019. 

Véxase tamén

Outros artigos