Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Editar as ligazóns
Modelo:BiografíaConstantino García
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1927 Editar o valor en Wikidata
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de outubro de 2008 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático
1965 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, lingüista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Membro de
Real Academia Galega (académico de número) (1982–2008) Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoAntón Santamarina, Modesto Aníbal Rodríguez Neira, Maria do Carmo Henríquez Salido e Guillermo Rojo Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX920697 BUSC: garcia-constantino-1927-2008

Constantino García González, nado en Oviedo o 20 de xullo[1] de 1927 e finado en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 2008, foi un lingüista e escritor galego de orixe asturiana.

Traxectoria

Logo de formarse nas universidades de Oviedo, Complutense de Madrid e Bonn, en 1965 chegou á Universidade de Santiago de Compostela para ocupar unha praza na facultade de Filosofía e Letras. Foi un dos fundadores do Instituto da Lingua Galega en 1971 e do Centro Ramón Piñeiro en 1993, e a ambos os dous dirixiunos en diferentes etapas. En 1982 ingresa na Real Academia Galega, entidade da que foi secretario entre 1997 e 2001. Recibiu a Medalla Castelao, e foi nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto no 2002.

Nos anos oitenta foi codirector e copresentador na Televisión de Galicia do programa Cousas da lingua, un microespazo con comentarios lingüísticos. Moitos deses apuntamentos foron recollidos en libros. Foi ademais un dos impulsores e coautores do Atlas Lingüístico Galego e de diversas obras lexicográficas.

Nos últimos anos da súa vida, gravemente enfermo dun mal dexenerativo,[2] retirouse da actividade cultural e intelectual.

Obra

  • Contribución a la historia de los conceptos gramaticales. La aportación del Brocense (1960).
  • Léxico de la comarca compostelana (1974).
  • Galego onte, galego hoxe (1976, Universidade de Santiago).
  • Recantos da lingua (1982, La Voz de Galicia).
  • Retrincos da lingua (1982).
  • Glosario de voces galegas de hoxe (1985).
  • Temas de lingüística galega (1985).
  • Follas da lingua (1987).
  • Cousas da lingua (1989).
  • Cartafol da lingua (1990).
  • Peneirando palabras (1990).
  • Contribución ó léxico de Alvaro Cunqueiro (1991).
  • Tesouros da lingua (1993).
  • Glosas da lingua (1995).
  • El castellano de Galicia (1998).
  • Diccionario galego de termos médicos (2002, contribucións)
  • O libro das palabras (2003).

Notas

  1. Ricardo Carvalho Calero, na súa resposta ao discurso de recepción a Constantino García na Real Academia Galega, menciona a data de 20 de setembro (páx. 25).
  2. "Finou Constantino García, fundador do ILG e do Centro Ramón Piñeiro", Vieiros, 24/10/2008

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas