Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Circuíto Internacional de Losail
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración 2004
Outros nomes Circuíto de Losail
Carreiras Fórmula 1
Gran Premio de Qatar
(2021)

MotoGP
Gran Premio de Motociclismo de Qatar (2004–)
Gran Premio de Motociclismo de Doha (2021)
SBK
8 Horas de Doha
FIA WTCC Race of Qatar

Localización Qatar Lusail, Al Daayen, Qatar
Capacidade 8.000 espectadores
Circuíto (2004-presente)
Lonxitude 5,380 km
Curvas 16 curvas (6 a esquerdas e 10 a dereitas).
Volta rápida 1:23.196
Piloto récord Max Verstappen
Escudería récord Red Bull Honda
Récord ano 2021
Coordenadas
Vista do Circuíto


O Circuíto Internacional de Losail (árabe: حلبة لوسيل الدولية) é un circuíto de carreiras de 5.400 metros de lonxitude situado a 20 km. nas aforas da cidade de Lusail, 20 km. ao norte de Doha, Qatar.

Construído en pouco menos dun ano por 1.000 traballadores cun custo de 58 millóns de dólares, a pista inaugurouse en 2004 co Gran Premio de Motocilismo de Qatar de 2004, gañado por Sete Gibernau.[1]

A pista ten unha lonxitude de 5,380 km, cunha recta principal de 1,068 metros. Está rodeado de herba artificial para evitar que a area invada a pista.

En 2007, Losail engadiu iluminación exterior permanente para carreiras nocturnas. Naquel momento, a iluminación do circuíto de Losail por Musco Lighting era o maior proxecto de iluminación deportiva permanente no mundo, distinción que agora pertence a outro recinto deportivo do golfo Pérsico, o Circuíto de Yas Marina en Abu Zabi. A primeira carreira nocturna da historia de MotoGP foi o Gran Premio de motociclismo de Qatar de 2008 en marzo de 2008.

En febreiro 2009, tivo lugar unha carreira das GP2 Asia Series nocturna. Nico Hülkenberg logrou o récord de volta na clasificación con 1:35.741.[2]

O WSBK visitou Losail en 2005-2009 e 2014-2019; e o WTCC disputouse alí entre 2015 e 2017.

O circuíto acollerá a 20ª carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un de 2021, a edición inaugural do Gran Premio de Qatar.[3]

Características

  • Capacidade espectadores: 8.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´380 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 57 voltas = 306´660 quilómetros.
  • Curvas: 16 curvas (6 a esquerdas e 10 a dereitas).
  • Anchura máxima: 12 metros.
  • Configuración aerodinámica:
  • Aceleración a fondo:
  • Tempo de freado:
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: medio
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes:
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado):
  • Marca volta:

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Losail

JAno Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1 2021 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:24:28,471h 5,380 km 57 227´663 km/h 21. novembro Bahrain Qatar
2022 Non disputado
2 2023 Países Baixos Max Verstappen Red Bull RBPT P 1:27:39.168 h. 5,419 km. 57 231,364 km/h 8. outubro
3 2024 Países Baixos Max Verstappen Red Bull RBPT P 1:31:05.323 h. 5,419 km. 57 1. decembro

Historial de motociclismo

Resultados das carreiras do Campionato do Mundo de Motociclismo celebradas no Circuíto Internacional de Losail:

Ano Data 125cc / Moto3 250cc / Moto2 MotoGP
2015 8 de abril Francia Alexis Masbou Alemaña Jonas Folger Italia Valentino Rossi
2014 8 de abril Australia Jack Miller España Esteve Rabat España Marc Márquez
2013 8 de abril España Luis Salom España Pol Espargaró España Jorge Lorenzo
2012 8 de abril España Maverick Viñales España Marc Márquez España Jorge Lorenzo
2011 20 de marzo España Nico Terol Alemaña Stefan Bradl Australia Casey Stoner
2010 11 de abril España Nico Terol Shoya Tomizawa Italia Valentino Rossi
2009 9 de marzo Italia Andrea Iannone España Héctor Barberá Suspendeuse pola choiva
2008 9 de marzo España Sergio Gadea Italia Mattia Pasini Australia Casey Stoner
2007 10 de marzo España Héctor Faubel España Jorge Lorenzo Australia Casey Stoner
2006 26 de marzo España Álvaro Bautista España Jorge Lorenzo Italia Valentino Rossi
2005 10 de outubro Hungría Gábor Talmácsi Australia Casey Stoner Italia Valentino Rossi
2004 2 de outubro España Jorge Lorenzo Sebastián Porto España Sete Gibernau

Notas

  1. "Losail International Circuit". RacingCircuits.info (en inglés). Consultado o 2020-07-16. 
  2. Losail International Circuit, Qatar 2009 - GP2 Asia results - autoevolution.com
  3. "F1 to hold first Qatar Grand Prix at Losail this November". Motor Sport Magazine. 2021-09-30. Consultado o 2021-09-30. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas