Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.
Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
O pai de Carlos foi Francisco Casares Dacal, fillo de Herminio Casares e Francisca Dacal, e a nai Manuela Mouriño Pérez, filla de José Mouriño e Mercedes Pérez-Congil.[4] Carlos foi o segundo de tres irmáns. Naceu nunha casa da rúa Cardenal Quevedo de Ourense,[5] no seo dunha familia de clase media. Con tres anos de idade a familia trasladouse a Xinzo de Limia[3], onde seu pai exercía a profesión de mestre e onde naceu o seu irmán máis novo Xabier (1945). A infancia transcorreu entre Lamas, onde estaba a casa dos avós paternos, Sabucedo, na casa de Benito e Isolina, irmá da súa avoa materna, e Beiro, onde era abade o seu tío materno Xosé, na parroquia da que fora titular Basilio Álvarez.[4] Deste xeito, Carlos viviu no rural galego a súa primeira infancia, fortemente ligado á lingua do país, pois, aínda sendo a súa nai castelán-falante, na contorna o galego era a lingua absolutamente dominante.
Fillo dunha familia con grandes vencellos relixiosos (con varios cregos, o arcebispoEnrique Pérez Serantes entre eles), Carlos será enviado ao seminario de Ourense onde cursou Humanidades entre os cursos 1952-53 e 1956-57. Durante estes anos viviu unha forte represión lingüística que espertou no autor un espírito inconformista, chegando a aparecer a súa primeira experiencia literaria, o xornal El averno, que difundía de forma clandestina.[6] Como consecuencia disto, abandonou o seminario e cursou os estudos de bacharelato por libre, o cal lle facilitou unha chea de horas de liberdade que investiu no que foron os comezos da súa creación literaria. Así, gañou o primeiro premio do Concurso Provincial de Cuentos de Navidad na capital ourensá, o que lle deu a posibilidade de coñecer o intelectual galeguista Vicente Risco,[3] e comezou a asistir ó seu faladoiro no café Parque.[1]
Rematados os estudos, instalouse en Santiago de Compostela onde comezou a carreira de Filosofía e Letras, especializándose en Filoloxía Románica,[3] entre os anos 1961 e 1967. Na universidade entrou en contacto con Arcadio López-Casanova, e grazas a el coñeceu a Ramón Piñeiro, que exerceu unha grande influencia sobre el, ligándose así no núcleo da cultura galega antifranquista. Porén, non todo se reducía ao labor cultural. Carlos Casares formou parte tamén de ADE (Asociación Democrática de Estudiantes) e FELIPE (Frente de Liberación Popular) onde, segundo o propio autor, “descubrín o marxismo, e sentíame marxista”. Nestes anos de universidade tampouco descoidou o eido literario. Publicou varios relatos na revista Grial no ano 1965, e en 1967 saíu do prelo a súa primeira obra, Vento ferido, publicada por Editorial Galaxia na colección «Illa Nova».[3]
Rematada a carreira, regresou a Xinzo de Limia para agardar a convocatoria de oposicións. Mentres tanto, solicitou praza no Instituto de Ourense pero en 1969 comezou a traballar en Viana do Bolo como profesor auxiliar no Colegio Libre Asociado.[7] Nese mesmo ano publicou Cambio en tres, unha novela onde experimenta con diferentes técnicas vangardistas. Nese tempo tiña unha relación con Dolores Villarino, a quen lle dedica o libro.[8] Unha vez en Viana entrou en conflito coa dirección do centro ao realizar actividades que non gustaban ao réxime. O alcalde Neftalí Prieto deu queixas del e foi expulsado. Debido á intervención de Manuel García Garrido, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, foille prohibido exercer a docencia en toda Galiza.
En novembro foi a Bilbao a ocupar un posto de profesor que lle ofreceran por medio dun amigo. Ao chegar alí informouse de que o posto estaba baleiro porque viñan de expulsar por razóns políticas a unha profesora, sobriña de Joaquín Satrústegui. Todo o claustro estaba enfrontado co director do centro. Ao rematar o curso non lle renovaron o contrato a ningún.[8]
Traballou por encargo de Ramón Piñeiro nunha edición crítica de Aires da miña terra de Curros Enríquez.[9] En setembro de 1971, cando ía levarlle a edición rematada, coñeceu no TER de Ourense a Santiago a Karin Anna Kristina Berg Casares (1948-2012),[10] unha rapaza de Halmstad, Suecia. Logo de casaren ese mesmo ano, foi a súa muller até a fin dos seus días.[8] Deste xeito, Carlos visitou con frecuencia Suecia, un país cunha sociedade aberta, democrática e avanzada, e alí naceron os seus fillos Håkan (1974) e Christian (1976).[11]
No 1974 presentouse ás oposicións convocadas, e conseguiu praza de profesor de Lingua e Literatura Española no Instituto de Ensino Medio de Cangas. Pero ao pouco tempo foi expedientado xunto a Xosé Luís Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero e Francisco Rodríguez Sánchez por apoiar as reivindicacións do profesorado non numerario.[12]
A pesar do seu traballo como ensaísta, non esqueceu a narrativa, e seguiu publicando obras con boa acollida polo público, como Os escuros soños de Clío (1979); Ilustrísima (1980) e tras deixar a súa carreira parlamentariaOs mortos daquel verán (1987), Deus sentado nun sillón azul (1996) e O sol do verán (2002).
Casares participou da política galega nos anos de transición e comezos da democracia. Foi un dos 21 asinantes do manifesto Realidade Galega, nado co obxectivo de conseguir un estatuto galego á par do de Cataluña e o do País Vasco de 1979. Este feito púxoo, canda o seu compañeiro e amigo Ramón Piñeiro, en primeira liña da política galega daquel entón, o que levou a ambos os dous á súa participación nas eleccións do 20 de outubro como independentes nas listas do PSOE e a seren membros do primeiro parlamento de Galiza no ano 1981. Nel, cómpre salientar o esforzo que ambos os dous intelectuais farían para a redacción e aprobación da Lei de normalización lingüística no 1983 e a creación do Consello da Cultura Galega, no mesmo ano. Mentres, a actividade política non remataba de convencer a Casares que, catro anos máis tarde, non se volvería presentar ás eleccións e pasaría a centrarse de novo no traballo cultural, chegando a presidir o Consello da Cultura Galega (1996-2002), e a dirixir a Editorial Galaxia (1986-2002) e a revista Grial.
Xa na década de 1990 dedicouse a viaxar por medio mundo participando en múltiples congresos e encontros, como os Congresos mundiais do PEN Internacional en Maastricht, Toronto e Compostela (xa que foi o presidente do PEN Clube de Galicia de 1996 a 1999) ou o Literarisches Kolloquium en Berlín. Deu tamén cursos de galego en cidades como Nova York.
Todas as obras de Casares están moi traballadas tecnicamente, e escritas cunha linguaxe que pretende chegar ao meirande número de lectores.[3]
Publicacións periódicas
Colaborou en numerosas revistas e xornais, entre elas Grial, revista da que foi director dende 1989 a 2002, ano do seu falecemento. Casares publicou tamén en xornais coma La Región (dende 1968), El País e La Voz de Galicia. A este último estivo ligado toda a súa vida, chegando a publicar en diferentes seccións. Así, entre o ano 1975 e 1992 escribiu "Ledicia de ler", sección onde abordaba as novidades editoriais galegas, case con periodicidade semanal. Outra das súas publicacións foi "Á Marxe", especie de anecdotario que, con periodicidade irregular durante os primeiros anos, foi diaria dende xuño de 1992 até o mesmo día da seu finamento.
Narrativa
Vento ferido (1967). Vigo: Galaxia. Relatos breves sobre a violencia e o fatalismo.[21] Foi traducida ao inglés,[22] ao castelán[23] e ao esperanto.[24] 3ª ed. na Biblioteca Carlos Casares, 100 páxs. ISBN 978-84-8288-734-0.
Cambio en tres (1969). Colección Illa Nova, Galaxia.[21] En 2004 na Biblioteca Carlos Casares, 116 páxs. ISBN 978-84-8288-670-1.
Narrativa breve completa (2012). Libros del Silencio. Traducións de C. Casares e Xesús Rábade. En Castelán. Prólogo de Juan Cruz Ruiz. 312 páxs. ISBN 978-84-940156-4-9.[46]
O suicidio de Jonas Björklund e outras historias (2017). Vigo: Galaxia, Biblioteca Carlos Casares. 152 páxs. ISBN 978-84-9151-055-0. Recóllese unha colección de relatos dispersos, en galego e castelán, algún deles inédito, escritos entre os anos 1965 e 2001.
O humor, a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que afectan ó mundo de hoxe constitúen as marcas máis características do seu estilo narrativo e ensaístico.
Agonía, Schiele, 1912, empregouse na cuberta de Ilustrísima[47] e Die Mutter des Künstlers, schlafend, 1911, ilustrou Os mortos daquel verán.[38]
Un país de palabras (1999). Vigo: Galaxia. En 2006 na Biblioteca Carlos Casares, 208 páxs. ISBN 978-84-8288-946-7. A literatura e os escritores, os amigos, Deus, Santiago de Compostela, Galicia... Quince ensaios.
Biografía de Don Juan de la Coba (2000). Vigo: Galaxia, Os minilibros de Galaxia. 96 páxs. ISBN 9788482883540.[53]
A ledicia de ler (2017). Vigo: Galaxia, Biblioteca Carlos Casares. 824 páxs. ISBN 978-84-9151-097-0. Compilación de máis de catrocentos artigos en máis de vinte anos, de 1975 a 1992, nos Carlos Casares quixo compartir cos lectores e lectoras do xornal La Voz de Galicia a ledicia de ler.
Santiago de Compostela. A cidade do milagre (2017). Vigo: Galaxia-Consorcio de Santiago. 96 páxs. ISBN 978-849151-054-3. Viaxe literaria por Compostela e estudo da lenda do milagre do Apóstolo.
O expreso da literatura e outros ensaios (2017). Vigo: Galaxia, Biblioteca Carlos Casares. 240 páxs. ISBN 978-84-9151-050-5.[59] Edición de Henrique Monteagudo. Son dezaseis escritos que compoñen un volume dun feitío similar a Un país de palabras.
Este é Toribio (1991). Vigo: Galaxia.[69] 32 páxs. ISBN 978-84-9151-031-4. As aventuras de Toribio, un neno de oito anos inventor de cousas imposibles.
Toribio e o contador de contos (1991). Vigo: Galaxia.[69] 36 páxs. ISBN 978-84-9151-029-1. Toribio ten que axudarlle á súa amiga Sara, inventora do Contador de Contos con Efecto Retardado, ante unha sabotaxe do profesor Smith.
Toribio ten unha idea (1992). Vigo: Galaxia.[69] 36 páxs. ISBN 978-84-9151-027-7. Un domingo a Toribio ocorréuselle unha grande idea: o Adiantador Liñal de Seguridade.
Toribio revoluciona o tráfico (1994). Vigo: Galaxia.[69] 28 páxs. ISBN: 978-84-9151028-4. A visita á Casa das Ciencias da Coruña sérvelle a Toribio para revolucionar o tráfico.
↑Casares entregou á editorial a versión definitiva da novela xustamente o día do seu pasamento. "A derradeira novela de Carlos Casares". La Voz de Galicia(en castelán). 8/5/2002. Arquivado dende o orixinal o 21/12/2016. Consultado o 16/12/2016.
↑"El sol del verano". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-16.
↑"El sol del verano". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-16.