Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Representación alegórica da alma máter nun grupo escultórico na Universidade de Illinois en Urbana-Champaign

Alma máter[1] é unha locución latina que significa literalmente "nai nutricia" (que alimenta) e que se emprega para referirse metaforicamente a unha universidade, aludindo á súa función provedora de alimento intelectual, xeralmente para referirse ao sitio onde determinada persoa cursa ou cursou os seus estudos universitarios.

A locución era empregada na Antiga Roma para describir á deusa nai e, máis tarde, á Virxe María, pero a orixe do seu uso actual é o lema Alma Mater Studiorum («nai nutricia dos estudos») da universidade máis antiga do mundo occidental en funcionamento ininterrompido: a Universidade de Boloña, fundada en 1088. A locución pasou a moitas linguas modernas co significado de academia no sentido de comunidade científica.

En relación, ha de engadirse que a palabra matriculación, por exemplo, derívase tamén de mater. De aí suxírese que a institución universitaria alimenta de coñecementos e coida dos seus alumnos.

Emprégase tamén para describir a unha persoa que é a forza impulsora dunha institución ou iniciativa. Este uso é impropio e derívase de interpretar «alma» como o substantivo equivalente a «espírito vivificador» (do latín anima), e non como o adxectivo latino (almus, -a, -um) que significa «nutricio» (do verbo alere, alimentar).

Simboloxía

A alma máter é o símbolo principal da Universidade da Habana, representada nunha estatua de bronce ao alto da escalinata da devandita universidade, obra do escultor checo Mario Korbel.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas