Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Nixeria | |||
Estado federado | Territorio da Capital Federal de Nixeria | |||
Capital de | ||||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.235.880 (2011) (1.733,35 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 713.000.000 m² | |||
Altitude | 360 m | |||
Creación | 1828 | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | fcta.gov.ng |
Abuja é a capital do estado federal africano de Nixeria, que substituíu a antiga capital, Lagos, oficialmente desde 1992. A súa poboación en 2005 era de 182 418 habitantes, mais a súa área metropolitana estímase que se achega a 1 500 000 habitantes.
A cidade de Abuja está situada no centro xeográfico do país, ao norte da confluencia dos ríos Nixer e Benue, a uns 480 km ao nordeste de Lagos, a anterior capital. O seu territorio limita cos estados de Níxer polo oeste; Kaduna polo nordeste, Plateau polo leste e o polo sur; e con Kogi polo suroeste.
En 1976 acordouse trasladar a capital federal desde Lagos, para o que se escolleu un territorio no centro do país. Abuja converteuse na nova capital no 1982, mais o recoñecemento oficial non tivo efectividade até o 1992. A cidade está no centro do denominado Territorio da Capital Federal (TEC). Administrativamente está dividido en seis distritos: Central, Abaji, Gwagwalada, Kuye, Bwari e Kwali.
A cidade foi construída no asentamento dun pequeno núcleo urbano anterior. A nova capital foi proxectada polo arquitecto xaponés Kenzo Tange e os seus colaboradores, que actuaron a través da empresa Kenzo Tange & Urtec. As obras comezaron en 1976 e continúan na actualidade, con fases alternas de inactividade, a causa de escaseza de medios de financiamento.
Desde un punto de vista económico a cidade carece de actividades destacables, pois é sobre todo unha urbe administrativa. É a sede da Universidade de Abuja, fundada en 1988.
O Aeroporto de Abuja é o segundo do país polo seu movemento aéreo.